• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Ribadeo |

El Ayuntamiento saca a licitación obras en la Calle Calvo Sotelo

Según Fernando Suáres, alcalde de Ribadeo, se trata de la segunda fase de acondicionamiento y urbanización de dicha avenida, con una inversión de 135.000 euros que serán aportados por Xunta de Galicia, Gobierno Central y Ayuntamiento.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 09 may 2017

O alcalde, Fernando Suárez, dixo que “dende o Concello de Ribadeo é evidente que sempre queremos seguir amañando rúas e espazos públicos do noso concello aínda que agora, igual que o resto das administracións locais, con moita menos intensidade pola situación económica. Pero con todo queremos seguir no acondicionamento e na urbanización, neste caso, da avenida Calvo Sotelo no que vai ser a súa segunda fase; é dicir, dende onde remataron as obras hai dous anos ata a parte final dela, onde queremos darlle un tratamento de similares características ao que xa estivemos dando en todo este tempo atrás”. O rexedor sinalou que “tendo en conta que é unha rúa que divide o casco vello do novo está legalmente no ámbito do conxunto do casco histórico e polo tanto temos unha subvención, non demasiado elevada, da Xunta de Galicia e do Ministerio. O resto, un pouquiño máis da metade, temos que asumilo dende o Concello con fondos propios. En total o investimento para esta obra será duns 135.000 euros”. Suárez Barcia subliñou que “do que se trata é de seguir humanizado e facendo máis atractivos aínda, se cabe, as rúas e os espazos públicos do noso concello, que tanto éxito e tan bo resultado están dando tanto para os que viven aquí en Ribadeo como para os que nos veñen visitar, dado que lles gusta pasear, convivir, mercar e pasalo ben polas rúas da nosa vila”. E engadiu “dentro duns días abrirase o procedemento para que todas aquelas empresas, coas condicións técnicas que se requiren, poidan presentar a súa oferta economicamente máis vantaxosa”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar