RIBADEO

Os populares ribadenses critican ao alcalde por executar obras "con rapidez e sen planificación"

O candidato á alcaldía Daniel Vega pon como exemplo o que está a pasar na rúa Alfredo Deaño

COPE de la Costa

Tiempo de lectura: 1' Actualizado 14:54

Partido Popular ven de criticar ao alcalde de Ribadeo, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, e ao seu equipo de goberno por arranxar os viarios do concello "con rapidez e sen planificación", o que ten "consecuencias negativas".

Así o explicou ou candidato do PP á alcaldia ribadense, Daniel Vega, que pon como exemplo o deterioro do asfalto na rúa Alfredo Deaño, que foi mellorada recentemente.

Daniel Vega comentou que “todos podemos observar que nos últimos días se está aglomerando todo cunha rapidez absoluta e isto ten unhas consecuencias negativas. E pagámolo todos, cos nosos impostos e ademais ao facelo con tanta rapidez pagamos outra vez un desastre, porque este goberno non ten unha planificación. Si durante este mandato houbera unha planificación para aglomerar as nosas infraestruturas na vila e no rural non tería pasado o que está acontecendo agora na rúa Alfredo Deaño, onde o asfalto está abrindo. E isto pasa porque nin hai tempos de espera para que o aglomerado compacte nin hai unha planificación para facer as obras durante as épocas nas que se pode realizar ese traballo”.

O candidato popular á alcaldía ribadense engadiu que “os caprichos do señor Suárez e do seu equipo de goberno de aglomerar todo a última hora para que os veciños de Ribadeo visualicen que hai un traballo dun goberno acredita que estamos despilfarrando o diñeiro porque agora hai que volver arranxar esta rúa Alfredo Deaño. Invítovos a pasar por ela e poderedes observar que o asfalto está abrindo e os veciños de Ribadeo xulgaredes se é un bo traballo ou unha mala execución dun presuposto que ten un destino claro, que é investir nas nosas estradas, pero investir ben significa unha planificación concreta para o arranxo das nosas infraestruturas”.