Xunta de Galicia

A Xunta inicia a obra de construción da nova rede de saneamento de Reboredo, en Campo Lameiro, cun investimento de 362.000?

Xunta de Galicia Xunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2' Actualizado 18:40

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e o alcalde, Carlos Costa, supervisaron este mediodía o comezo dos traballos, que beneficiarán aos 70 veciños da zona e contan cun prazo de execución de catro meses

O proxecto consiste na dotación de seis colectores e case 1.400 metros de canalizacións para a derivación das augas residuais urbanas deste lugar da parroquia de Fragas ata a depuradora da Laxe para o seu tratamento

“Seguimos colaborando incansablemente cos concellos en ámbitos da súa competencia, como é a depuración, e neste caso de Campo Lameiro trátase dunha obra fundamental que ademais ten unha execución complexa”, sinalou Luis López

Normal 0 21 false false false ES Campo Lameiro, 26 de setembro de 2022
A Xunta de Galicia, a través de Augas de Galicia, vén de iniciar na xornada de hoxe as obras de construción da nova rede de saneamento de Reboredo, no Concello de Campo Lameiro, cun investimento de 362.000 euros que conta co financiamento de fondos Eixe–React UE do Programa Operativo Feder Galicia 2014–2020. O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e o alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa, supervisaron este mediodía o comezo dos traballos, que beneficiarán aos 70 veciños desta zona da parroquia de Fragas e que contan cun prazo de execución de catro meses, polo que se estima que estarán rematados na primeira parte do vindeiro ano 2023.
“Dende a Xunta seguimos colaborando incansablemente cos concellos en ámbitos da súa competencia, como son o saneamento e a depuración, e neste caso de Campo Lameiro trátase dunha obra fundamental para unha contorna que precisa deste servizo e que ten unha execución complexa e un orzamento elevado, polo que facíase necesaria a participación do Goberno galego para atender aos veciños de Reboredo”, sinalou o representante autonómico. Este proxecto de saneamento consistirá na construción de seis colectores e unha rede de 1.386 metros de canalizacións e tubaxes para permitir a derivación das augas residuais urbanas das vivendas deste lugar ata a depuradora da Laxe para proceder ao seu posterior tratamento. “Augas de Galicia ten en marcha, en diferentes fases administrativas ou de obras, numerosos proxectos en colaboración con concellos da área territorial de Pontevedra, como Arbo, Marín, Lalín, Catoira, Vilagarcía de Arousa ou Cambados, entre outros, e agora engadimos este de Campo Lameiro para seguir dando servizos á veciñanza e colaborando na preservación do medio ambiente”, concluíu o delegado territorial.
Normal 0 21 false false false ES


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando