Xove | En marcha una nueva edición del San Antonio de A Rigueira

cope.es cope.es

Tiempo de lectura: 1' Actualizado 09 may 2017

O venres, 13 de xuño, terá lugar a Vª Edición da Romaría ao San Antonio da Rigueira, dende a súa recuperación no ano 2009. Durante estes cinco anos, non só se recuperou gran parte da afluencia de público, senón que tamén parte das oito antigas rutas que os romeiros e romeiras seguían ata o santuario da Rigueira. Como cada ano, identificarase a cada romeiro cun carné de romaxe onde constarán os seu nome, así como o da ruta que segue a a súa saída. Este carné ha de ser selado nos puntos da súa ruta habilitados a tal efecto (achégase horarios de saída e puntos de selado de cada ruta). Unha vez que cada romeira e romeiro chegan á capela, han ser recibidos na jaima do Concello, e alí faráselles entrega da súa Ventura (Certificado da romaxe), xunto cunha flor: un lirio blanco (a flor do San Antonio).  O número de Selos dun Carné dependerá da Ruta seguida. Pois haberá distintos puntos de selado en en casetas ao longo do camiño. 

Os romeiros e romeiras que queiran participar desta edición deben inscribirse previamente no Laboratorio de Investigación Social do Concello de Xove (982 592 001, con Ana ou Lucía). Ou no seguinte correo electrónico: lucia@xove.es .O prazo de inscrición remata o 12 DE XUÑO.