XOVE | Entregados 30 composteros a otros tantos vecinos

cope.es cope.es

Tiempo de lectura: 1' Actualizado 27 may 2017

O Concello está a  participar  nun Plan Piloto de SOGAMA sobre COMPOSTAXE DOMÉSTICO. No mesmo están incluidas 30 familias de Xove, a cada unha das cales se lle entrega hoxe un composteiro, que é un recipiente que se utiliza para facer compostaxe. O acto de entrega desenvolveuse no Salón de Plenos do Concello, coa presenza do Alcalde, Demetrio Salgueiro, e a Concelleira de Agricultura, Dolores Meitín. Esta última, antes de realizar a entrega dos composteiros, deu unha ampla expicación do manexo dos mesmos, co fin de que os veciños que van disfrutar desta experiencia pioneira o fagan da mellor maneira posible, para poder sacarlles o máximo partido a estes artilugios. Para poder participar nesta experiencia piloto houbo unha inscrición previa que se realizou na Oficina de Dolores Meitín, a Concelleira de Agricultura do noso Concello. Con este plan piloto trátase, en definitiva, de recuperar unha práctica tradicional en Galicia como é a separación dos desperdicios orgánicos, ben para alimento de gando ou ben para fabricación de abono. A diferenza é que agora modernízase o proceso, dotando aos fogares participantes cos medios necesarios.