Viveiro |

El Teatro Pastor Díaz no corre ningún peligro, según María Loureiro, alcaldesa de Viveiro

Ante las denuncias del PP sobre deficiencias en el Teatro Pastor Díaz, la alcaldesa quiere dejar claro que la instalación eléctrica no corre ningún riesgo para las personas “si así fuese, este equipo de gobierno no tendría inconveniente en cerrar las instalaciones”

cope.es cope.es

Tiempo de lectura: 2' Actualizado 09 may 2017

Ante as noticias aparecidas nas que o Partido Popular anunciaba que preguntaría en pleno por determinadas cuestións relativas á instalación eléctrica do Teatro Pastor Díaz, cómpre indicar que se responderá a todas as cuestións plantexadas por ese grupo político na vindeira sesión plenaria, pois para iso están os plenos, e que a preguntas referidas foron presentadas no rexistro municipal no día de hoxe. Con todo, para evitar as manipulacións e a alarma social que podería crearse ante a gravidade das acusacións, quérese deixar claro que a instalación eléctrica do Teatro Pastor Díaz non corre ningún risco para as persoas nin para as cousas; se realmente houbese algún perigo, este equipo de goberno non tería ningún inconvinte en pechar parte ou a totalidade das instalación, como xa fixo noutras ocasións, pois, por responsabilidade, é consciente de que a seguridade é o primeiro. Tras a rehabilitación integral realizada no Teatro Pastor Díaz durante o goberno popular, nos últimos anos viñéronse detectando certas anomalías (sen poder determinar se están provocadas polo paso do tempo ou por deficiencias da construción). O goberno socialista investiu máis de 50.000 euros en solucionar os principais problemas, executando obras na cuberta para evitar as filtracións existentes na zona de butacas e eliminando os problemas de humidade existentes na subida das escaleiras á primeira planta. A día de hoxe estase cambiando o cableado para poder adaptar a instalación eléctrica do teatro á normativa vixente e contratar o subministro eléctrico correspondente, dando de baixa a luz de obra que viña operando na actualidade. Durante a execución destas obras, detectáronse certos problemas estruturais nos palcos, desmontouse o falso teito e descubriuse que a madeira non estaba en boas condicións; por esta razón, precintouse esa parte do teatro e iniciáronse os trámites oportunos para proceder, por medios propios, á reposición ou reparación das vigas de madeira existentes. A reparación destes problemas estruturais, aparecidos durante as obras de adaptación da instalación eléctrica, provocou unha demora sobre a data prevista para a finalización dos traballos; tal e como se lle comunicou a Begasa, está previsto que as labores que se están a executar na instalación eléctrica do teatro conclúan a mediados de xaneiro, pois cómpre ter en conta, ademais, que toda a reparación se está a realizar mantendo a actividade propia da teatro, garantindo, sempre, a súa seguridade. En definitiva, non se pode considerar que sexa unha instalación perigosa, non supón ningún risco para as persoas nin as cousas e estanse realizando obras de mellora, corrixindo vicios ocultos e adaptando a instalación eléctrica á normativa vixente para poder contratar coa comercializadora elixida o subministro eléctrico.