Ribadeo |

"Ribadeo, catedral do mar" marca creada por el Ayuntamiento para traer turismo a lo largo de todo el año

El proyecto incluye una ruta indiana por la villa y parroquias, realización de talleres dirigidos al sector hostelero o la elaboración de platos con productos gastronómicos de la zona. Esta iniciativa supondrá una inversión de 66.000 euros aportados por Fondos Europeos, Xunta y Ayuntamiento de Ribadeo

cope.es cope.es

Tiempo de lectura: 2' Actualizado 27 may 2017

A primeira fase realizarase ao longo das dúas vindeiras semanas. Será a relativa á formación. Segundo explicou Manuel Pan, o representante da empresa Abertal, encargada de levar adiante este proxecto, haberá obradoiros como: as TIC para o turismo, barista, tratamento e conservación de produtos do mar, reixidoría de pisos e atención ao cliente. Ribadeo, catedral do mar aproveitará o tirón que ten a praia das Catedrais para traer turismo a Ribadeo ao longo de todo o ano, non só durante o verán, segundo sinalaron a concelleira de Turismo, Ana Martínez, e o alcalde, Fernando Suárez. O proxecto contempla a creación dunha ruta dos indianos coa edición de folletos informativos e unha guía didáctica destas edificacións tanto de Ribadeo coma da Devesa ou Rinlo. A imaxe de Ribadeo, catedral do mar estará presente en manteis, pousavasos e no resto do merchandising que se repartirá entre os establecementos hostaleiros participantes e tamén na páxina web que se creará e na que haberá un directorio con información dos establecementos ribadenses, rutas e a información turística que o viaxeiro precisa ter cando visita Ribadeo. A promoción nas redes sociais e noutras webs desta marca será fundamental. O proxecto presentado no salón de plenos do Concello de Ribadeo inclúe a potenciación dos produtos pesqueiros da zona con Sabores do Mar. Pan indicou que “os restaurantes terán entre as súas propostas polo menos un prato baixo esta denominación e que será elaborado con peixe ou marisco da zona de Ribadeo”. Ribadeo, catedral do mar arrinca agora e prolongarase ata a vindeira semana santa. O rexedor lembrou “o grande potencial turístico de Ribadeo, un referente comarcal, que conta con 1.500 prazas de aloxamento e cun sector hostaleiro e da restauración envidiable”. Suárez Barcia dixo que “temos que facer cousas ao longo de todo ano, aproveitando a calidade dos servizos e do entorno”.