Mariña |

A Croa de Sante inventariada por Patrimonio

El castro de Croa, en la parroquia trabadense de Sante, ha sido inventariado como yacimiento arqueológico con la denominación Barreiro y con la clave GA27061021

cope.es cope.es

Tiempo de lectura: 1' Actualizado 09 may 2017

MariñaPatrimonio solicitara a súa inclusión o pasado mes de abril, ao ter constancia da súa existencia e ao sospeitar que o Servizo de Patrimonio de Lugo non o tiña inventariado. Grazas a esta inclusión, o xacemento gozará de protección e non debería sufrir máis agresións como a rexistrada recentemente co depósito ilegal de toneladas de escombros, feito que foi denunciado no seu día perante o SEPRONA por ADEGA e MariñaPatrimonio. A mencionada protección tamén deberá evitar que se estrague o xacemento cando se corten os eucaliptos plantados sobre este ben patrimonial. O propietarios das parcelas que conforman o castro foron informados pola Xunta e calquera actuación que afecte ao xacemento e ao seu contorno de protección, deberán notificarllo á Consellería de Cultura.