Ribadeo |
El Ayuntamiento invierte 25.000 euros para obras en el entorno del Hospital Asilo
Según Fernando Suárez, alcalde de Ribadeo, van a realizar obras en las inmediaciones del Asilo para proceder a solucionar deficiencias existentes en el pavimento y problemas de saneamiento. Está previsto que las obras, ya iniciadas, se prolonguen por espacio de un mes
cope.es cope.es
Tiempo de lectura: 1' Actualizado 10 abr 2017
Suárez declarou que “imos dar comezo a unhas pequenas obras no entorno do hospital asilo, concretamente na rolda do hospital, que tratan de repoñer o pavimento, que está moi deteriorado. Había moitas fochancas, moitas veces máis que fochancas eran furados inmensos. Imos actuar co visto bo de Patrimonio e aproveitando que as tuberías de saneamento estaban rotas e iso provocaba filtracións nos edificios veciños lindeiros”. O rexedor explicou: “imos facer unha actuación de 25.000 euros con fondos propios, que conta coa autorización de Patrimonio. Imos ter obra aproximadamente durante un mes, polo cal seguramente provoquemos algunha molestia. O que máis nos preocupa é precisamente ao pé de quen está, que é o hospital asilo, onde están os avós e avoas aí”. E engadiu que “intentaremos que as molestias sexan as menores posibles, pero hai que ter en conta que imos cambiar parte do saneamento, do abastecemento, ímoslle poñer unha soleira de formigón e imos repoñer novamente con baldosas de granito todo ese entorno”.