• Sábado, 20 de abril 2024
  • ABC

COPE

El grupo popular apoya demandar a Fomento las inversiones precisas para garantizar el servicio ferroviario de ancho métrico en las mejores condiciones

Vega criticou que o BNG pretenda “que se traspasen á Xunta uns servizos ferroviarios deficitarios, dicíndolle aos galegos que teñen que pagar do seu peto por estes servizos” 

Daniel Vega

Redacción

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 16:30

O Grupo Popular apoiou esta mañá no Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se solicita ao Ministerio de Fomento para que realice os investimentos precisos para garantir un servizo ferroviario de ancho métrico (RENFE-FEVE) polo territorio galego nas mellores condicións posibles.

O deputado popular Daniel Vega puxo de manifestou a “preocupación permanente” do PPdeG pola liña de ferrocarril Ferrol-Ribadeo e asegurou que desde a Xunta “vénse reiterando ante o Ministerio de Fomento e ante a propia operadora de Renfe a necesidade de contar con servizos ferroviarios competitivos que respondan á mobilidade dos veciños das comarcas de Ferrol, Orteal e A Mariña lucense”.

IMPULSO DE NOVOS SERVIZOS

Así mesmo, Daniel Vega apuntou que “imos traballar polo impulso de novos servizos de comunicación de transporte rodado, co obxectivo de ir mellorando paralelamente outros servizos de transporte, ademais do ferroviario”.

Vega criticou que o BNG pretenda “que se traspasen á Xunta uns servizos ferroviarios deficitarios, dicíndolle aos galegos que teñen que pagar do seu peto por estes servizos”. “Subdividir as competencias non as fai máis viables, senón máis deficitarias”, asegurou.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar