• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Pontenova |

La Xunta destina 23.000 euros para contratar personal municipal

El portavoz del PP, Jorge García, manifestó que gracias a la implicación de la Xunta será contratado personal para diferentes puesto de interés social, que no se podrían asumir con recursos municipales.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 26 may 2017

O voceiro do PP en A Pontenova, Jorge García, agradeceu á Xunta de Galicia a subvención que concede ao Concello para que o equipo de goberno local seleccione e contrate persoal. “Máis de 23.000 euros; concretamente 23.131,96€ destina o goberno galego para a contratación de persoal para diferentes postos de interese social para o municipio que non poderían asumirse con recursos municipais”- resaltou o popular, quen lembrou que se trata dunha subvención, ao abeiro dos programas de cooperación entre a Consellería de Traballo e Benestar e as entidades locais. Jorge García manifestou que a implicación e o compromiso en materia de emprego da Xunta de Galicia co concello de A Pontenova vese claramente reflectida unha vez máis, nesta ocasión, na contratación de persoal. Concluíu o popular agradecendo a Xunta de Galicia o seu compromiso con este concello mariñán posto que gracias a esta iniciativa varias persoas optarán a un posto de traballo nun momento de gran demanda de emprego na localidade.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar