• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Foz |

La Xunta concede un curso de jardinería para 15 personas

El alcalde, Javier Jorge Castiñeira, ha destacado que este curso servirá para formar a personas y mejorar las zonas verdes del municipio. El curso se desarrollará en el aula de formación existente en el Polígono Industrial Focense.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 26 may 2017

O rexedor municipal anunciou que o grupo de goberno en Foz está moi contento posto que “a Xunta de Galicia, concretamente a Conselleira de Traballo e Benestar, acaba de conceder un curso de xardinería para o Concello de Foz, que se vai desenvolver nos próximos meses na aula de formación que hai no polígono industrial, que acolle tamén un obradoiro de emprego, que remata precisamente neste mes de xuño. E a partir de aí queremos arrancar con ese curso de xardinería”. Para Javier Castiñeira este curso “é importante para seguir co noso proceso de axuda ao emprego e de formación de persoas, neste caso nunha rama importante como é a de xardinería. E ademais servirá para que os alumnos practiquen e boten unha man nos xardíns e nas zonas verdes do Concello de Foz, o que realmente nos ven moi ben”. O alcalde aproveitou para “agradecer o traballo que se está facendo dende a escola obradoiro coa formación de 22 persoas e ademais as obras que están executando no concello quedan en moi boas condicións”. “Alegrámonos de que se cumpra un compromiso máis por parte da Consellería de Traballo e Benestar, da que é responsable Beatriz Mato, e agradecemos as xestións por parte da delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, que está moi pendente dende logo de que esta aula de formación que temos no noso concello estea activa e así o seguiremos intentando”, manifestou Castiñeira. O rexedor local rematou explicando que “todos aqueles veciños de Foz que estean interesados en facer este curso pódense dirixir á axente de desenvolvemento local (ADL) para que lles explique cando e como se vai proceder para iniciar este curso que vai acoller a 15 alumnos”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar