• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Lugo |

La Xunta aumenta la inversión por habitante en la provincia mientras la Diputación la reduce

El secretario de los populares lucenses, José Manuel Balseiro, señala que el bipartito provincial (PSOE-BNG), “tan dado a dar lecciones, a la hora de la verdad, muestra su falta de compromiso” para referirse a la cantidad de inversión que el actual gobierno gallego dedica a Lugo. El PP, en el gobierno de la Xunta, duplicará en el 2014 la inversión por habitante en la provincia, al pasar de 374 € en el 2009 a los 728 € previsto para el 2014. El bipartito en la Diputación en sólo un año ha reducido de 216,7 € a 77 € la inversión por lucense.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 26 may 2017

O secretario xeral do PPdeLugo, Jose Manuel Balseiro, contrastou o esforzo inversor que está a desenvolver o Goberno galego na provincia de Lugo en contraposición coa perda progresiva de recursos na que incorren PSOE e BNG na Deputación provincial. O dirixente popular explicou que a Xunta de Galicia vén de duplicar o investimento por habitante ao pasar de 374 euros en 2009 aos 728 euros que prevé investir en 2014. Isto significa que desde que accedeu ao goberno autonómico o Partido Popular o investimento multiplicouse por dous. Pola contra a Deputación provincial achega hoxe menos recursos por lucense que os que investía no pasado e, de feito, segundo as liquidacións da Conta Xeral –e polo tanto con datos oficiais do servizo de intervención- o investimento reduciuse de xeito significativo dos 216,7 euros por lucense en 2011 aos 77 euros que investiu en 2012, o último dato oficial coñecido. Balseiro di que a Deputación de Lugo tan dada a dar leccións, á hora da verdade, amosa a súa falta de compromiso, mentres que para o actual Goberno galego Lugo é unha provincia prioritaria, pois ademais será a que recibirá máis diñeiro per cápita en toda Galicia. O parlamentario popular explica que, evidentemente, os orzamentos que xestionan unha e outra administración son moi diferentes pero en todo caso a tendenza á alza no investimento da Xunta e os recortes operados no investimento achegado pola Deputación ofrecen unha tendencia clara sobre a aposta pola provincia que fan Goberno galego e que non fai a Deputación.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar