• Jueves, 28 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

XOVE | Actuación del Grupo Oriol hoy a las cuatro de la tarde en el Centro Cívico

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 26 may 2017

A Concellería de Cultura do Concello de Xove organizou para hoxe unha actuación dentro do Programa LER CONTA MOITO, programa patrocinado pola Concellería de Cultura e dirixido ás Bibliotecas Públicas co fin de promocionar a lectura e todo o relacionado co mundo das bibliotecas.  Das tres actividades programadas polo noso Concello dentro de Ler Conta Moito, hoxe tivemos a primeira; concretamente foi o GRUPO OURIOL que puxo en escea “DE NOME ROSALÍA”, unha proposta de dinamización con música, teatro e danza. A esta función, que se desenvolveu a partires das 16:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove, asistiron tódolos alumnos/as, xunto con profesores, do IES Illa de Sarón de Xove, estando adicada esta función en exclusiva a eles. Rosalía de Castro é, sen dúbida, a poeta que mellor reflectiu –en forma e contido- a verdade máis profunda de Galicia. Unha verdade universal que hoxe en día se estudia nas universidades máis importantes do mundo. A poesía de Rosalía está adoito presente en diferentes recitais do Grupo Ouriol, mais neste ano no que se cumpre o 150 aniversario da súa obra Cantares Gallegos, quixeron compoñer un espectáculo monográfido dedicado á súa poesía, sobre todo á contida en Cantares Gallegos e en Follas Novas. A recitación dos textos pola poeta Eva Veiga, vai acompañada da música en directo realizada polos músicos Fito Ares e Bernardo Martínez.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo