• Sábado, 20 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

VIVEIRO | El BNG presenta una moción para poner nombre al callejero en el barrio de Xunqueira

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

El portavoz nacionalista, Bernardo Fraga, propone al pleno de la corporación vivariense, a petición de la Asociación de Vecinos Valdeflores, que acuerden nombrar a las calles del barrio con arreglo a la historia de las distintas zonas. A petición da Asociación de Veciños VALDEFLORES de Xunqueira,  presentamos ao Pleno do Concello de Viveiro, a presente moción para o nomeamento de diversas rúas no Barrio de Xunqueira en Viveiro. Logo de que a proposta fora realizada en numerosas ocasións ante o Concello de Viveiro pola citada asociación veciñal dende o ano 2009, sen obter resposta por parte de quen ten a competencia para o seu debate no Pleno Municipal. Citamos textualmente a proposta presentada por parte da Asociación de Veciños Valdeflores de Xunqueira: A Asociación de Veciños Valdeflores de Xunqueira acordou na súa asemblea anual celebrada no mes de marzo de 2009 solicitar da Corporación Municipal de Viveiro, o nomeamento das rúas do barrio de XUNQUEIRA, xa que actualmente só unha rúa ou avenida ten nome, a Avda. do Landro, que é a estrada xeral. As demais rúas carecen de nome. A asociación formou unha comisión que estudiou os nomes de lugares do barrio, donde están situadas as rúas, e obtouse por non poñer nomes de persoas concretas e manter os nomes históricos das distintas zonas ou atendendo a connotacións históricas das mesmas. Polo que o Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego de Viveiro, concordando coa Asociación de Veciños Valdeflores de Xunqueira, propón ao Pleno Municipal de Viveiro a adopción do seguinte acordo: Nomear as rúas do barrio de Xunqueira conforme ao seguinte listaxe e ao plano adxunto: RÚA CAMIÑO REAL DE XUNQUEIRA: O paso por Xunqueira do camiño Real dende a estrada ata Viveiro. RÚA SANTO DOMINGO: Rúa dende o camiño Real ata o Convento de Valdeflores. RÚA CAMPO DA FESTA: Rúa dende a ponte ata o campo da festa. RÚA DA CHOUSA: Rúa pequena dende o Camiño Real. RÚA DOS PELAMIOS: Rúa dende o Camiño Real ata a fonte. *Os pelamios eran os obradoiros artesáns de curtidos, dous dos cales aínda existen na zona. CALEXA DA FONTE: Dende a fonte ata a estrada xeral. RÚA DO BIMBIÁS: Dende a estrada xeral ata o paseo marítimo. RÚA DA PANELA: Dende a dereita da escola ata o paseo marítimo. RÚA DOS MUIÑOS: Dende a estrada xeral, dirección á carrapota. RÚA DAS ACEÑAS: Dende a estación de Feve ata o barrio das Aceñas. PRAZA DO MUIÑO DAS MAREAS: A praza do barrio das aceñas. RÚA DA FEIRA NOVA: Dende a fonte de Verxeles ata o tanatorio. RÚA DA BALEA: Dende a estrada xeral ata o barrio da Balea.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar