• Martes, 16 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mariña |

Unas 35 embarcaciones iniciarán en Ribadeo la Ruta Atlántica de la I Travesía Náutica Xacobea

La Delegada de laXunta, Raquel Arias, señaló en la presentación de la travesía, la “extraordinaria respuesta” que logró esta propuesta de Turismo de Galicia, tanteo en el resto de España como en el extranjero, ya que participarán embarcaciones de diversos países de Europa. La primera etapa parte de Ribadeo para llegar a Viveiro, punto de partida de la segunda tirada de seta iniciativa pionera, que atraerá a cientos de personas entre navegantes y aficionados

Unas 35 embarcaciones iniciarán en Ribadeo la Ruta Atlántica de la I Travesía Náutica Xacobea

Unas 35 embarcaciones iniciarán en Ribadeo la Ruta Atlántica de la I Travesía Náutica Xacobea

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 09 may 2017

Entre os días 5 e 7 de xullo, A Mariña será referente do deporte náutico en España ao acoller a preto de corenta embarcacións que iniciarán dende aquí a ruta Atlántica da I Travesía Náutica Xacobea, enmarcada dentro dos actos cos que a Xunta de Galicia conmemora o VIII centenario da peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela. Así o sinalou hoxe a delegada territorial, Raquel Arias, durante a presentación do evento, destacando a “extraordinaria resposta” que tivo a proposta de Turismo de Galicia tanto no ámbito nacional como internacional, dado que do porto de Ribadeo zarparán barcos de Irlanda, Francia, Inglaterra ou Bélxica, entre outros. A Travesía Náutica Xacobea contempla dúas propostas, unha ruta Mediterránea (ou ruta Sur), que comeza este mesmo sábado no porto de Xénova, e una ruta Atlántica (ruta Norte), que parte de Ribadeo o 5 de xullo e inicia a segunda etapa en Viveiro. A ruta mediterránea percorrerá 1.542 millas en 14 etapas ao longo de case un mes de navegación. A ruta Atlántica percorrerá cerca de 210 millas náuticas en seis etapas: Ribadeo, Viveiro, Ares, Camariñas, Portosín, Ribeira e Cabo da Cruz. Será neste último porto cando, o día 11 de xullo, a iso das dúas da tarde se xunten os barcos da ruta Atlántica procedentes de Ribeira e os que chegan da ruta Mediterránea dende Portonovo. Arias lembrou que “a calidade determinou a selección das estacións náuticas para acoller as embarcacións da peregrinación”, aproveitando para destacar que o RCN de Ribadeo ten o recoñecemento da Q de calidade e no porto deportivo de Viveiro lucirá de novo a bandeira azul. Segundo explicou, está confirmada neste momento a participación de 48 embarcacións en ambas rutas, 35 delas na ruta Norte, e de arredor de 200 participantes. “Este evento –afirmou- atraerá a centos de persoas á Mariña, entre navegantes e público, e non me cabe dúbida de que repercutirá moi positivamente na promoción turística da zona, que é o obxectivo principal que persegue Turismo de Galicia”. A delegada indicou que a Dirección Xeral de Xuventude participa na iniciativa a través das actividades da Campaña de Verán para a mocidade galega. Así unha das goletas que completará o percorrido atlántico será a Goleta Nieves, na que a Xunta ofreceu 25 prazas a mozos e mozas galegos de entre 18 e 30 anos; “tripulantes” aos que neste caso non se lles esixe coñecementos náuticos e que, ao tempo que disfrutan da navegación, aprenderán algunhas das tarefas que se levan a cabo nunha embarcación de vela de gran eslora. A falta aínda de case un mes para que comece a travesía, só quedan catro prazas vacantes. Turismo de Galicia organizou a travesía en colaboración con ASNAUGA –a Asociación de Clubs Náuticos de Galicia- co obxecto de rememorar a Traslatio do corpo do Apóstolo Santiago ata Galicia por mar, así como a propia peregrinación do santo de Asís, configurando unha viaxe única en Europa polas súas características. “Os amantes da náutica comprenderon que esta travesía é unha oportunidade única de participar nunha iniciativa singular, que une os atractivos do mar cos da peregrinación xacobea -apuntou Arias-, ata o punto de que as solicitudes de participación desbordaron as previsións iniciais”. Na presentación, que contou, entre outros, coa presencia do alcalde de Ribadeo, e o alcalde de Barreiros, como presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, participaron tamén Javier Ruiz de Cortázar, presidente de ASNAUGA, e Ramón Acuña, presidente do Club Náutico de Ribadeo.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar