• Miércoles, 24 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Ourol | El ayuntamiento habilitó un camino alternativo

Solicitan a Gómez Besteiro el arreglo del vial de Sabucedo

El alcalde de Ourol, Marcial Sanjurjo, ha solicita del presidente de la Diputación, José Ramón Gómez Besteiro, tome las medidas necesarias para la adecuación del vial de Sabucedo. Desde el Gobierno Local han habilitado un camino alternativo con una inversión de 15.000 euros. El regidor pide del ente provincial “colaboración con el municipio al igual que han hecho con otros para solventar circunstancias idénticas o similares”

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 27 may 2017

O rexedor de Ourol, Marcial Sanjurjo Fernández, dirixiuse ao presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, a través dun escrito no que solicita ao ente provincial que auxilie ao Concello na adecuación do vial do lugar de Sabucedo. O popular explica que o mal tempo e as choivas ocasionaron o pasado mes que un desprendemento se levara consigo parte dun vial no lugar de Sabucedo, provocando o aillamento de dúas familias. Ante esta situación, o Concello habilitou un camiño alternativo que lle supuxo un custo de 15.000 euros. O Concello de Ourol está a traballar na procura dunha solución que solvente esta situación pero dada a dificultade que ten o municipio para afrontar o custe desta adecuación, Marcial Sanjurjo solicita e defende a colaboración doutras administracións públicas. Así, o rexedor local pídelle a Gómez Besteiro que, en exercicio das súas competencias, colabore co municipio ao igual que se comprometeu a facer con outros concellos para dar solución a unha circunstancia que, todo apunta, a que é idéntica. Tendo en conta este compromiso con outro municipio e no marco das súas competencias de asistencia, cooperación xurídica, económica e técnicas cos municipios, o popular pídelle á Deputación que auxilie ao concello de Ourol, e que esta colaboración permita dar unha resposta inmediata e definitiva, co obxecto de lograr o restablecemento da circulación segura sobre este vial.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar