• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

RIBADEO | La Xunta tenía compremetida una ayuda de 18.000 euros para acoger la Transgascogne en Ribadeo

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

A delegada territorial de Lugo, Raquel Arias, asegurou que a dotación orzamentaria que a Xunta de Galicia tiña comprometida para apoiar o proxecto do RCN de Ribadeo para acoller unha das metas da regata internacional 'Transgascogne' “empregarase en actividades turísticas na comarca”. Arias lamentou que a candidatura do náutico ribadense como porto de chegada para a 'Transgascogne' se frustrase, pero indicou que, “de igual xeito, a dotación que estaba garantida para colaborar neste proxecto que serve para promocionar Ribadeo e toda a comarca, adicarase igualmente á promoción turística da Mariña”. A representante do Executivo galego na provincia recordou que, dende febreiro deste ano, mantivéronse varios contactos con representantes do náutico ribadense, encabezados polo presidente, Ramón Acuña, de cara a perfilar a acollida desta regata por parte do club ribadense. Nesas xestións garantiuse o compromiso económico por parte da Xunta para seguir colaborando na medida das súas posibilidades coa organización do evento en Ribadeo. De feito, logo das primeiras reunións, o compromiso de colaboración por parte da Xunta ascendía a 18.000 euros, unha cantidade que, segundo información facilitada polo club ribadense, suporía case o triple da aportación económica ofrecida en conxunto pola Deputación de Lugo e o Concello de Ribadeo. Así mesmo, a colaboración por parte da Xunta explicouse que se levaría a cabo mediante un convenio a través da Axencia de de Turismo de Galicia, sendo preciso respectar os períodos de tramitación para un protocolo oficial deste tipo. Por este motivo, Arias considerou “unha mágoa” a información “terxiversada” que se está a ofrecer de todo o relacionado con este proxecto. Así mesmo, considerou que é “comprensible” a frustración persoal coa que Acuña manifestou que recibira a negativa da organización da 'Transgascogne' ás súas xestións, pero entendeu que isto non xustifica agora que se responsabilice á Xunta desa decisión. En todo caso, Arias significou que, como o ven facendo dende que asumiu as súas competencias, ofrécese a seguir colaborando co RCN de Ribadeo, na medida en que as posibilidades da Administración autonómica o permitan en cada momento.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo