• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

RIBADEO | La concejalía de juvenetud amplía las plazas de las actividades para niños y niñas de Ribadeo durante la Semana Santa debido a la demanda existente

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

A Concellaría de Mocidade amplía as prazas das actividades para os nenos e as nenas de Ribadeo que se desenvolverán durante a vindeira Semana Santa.  O edil nacionalista Xavier Campos explicou que “serán actividades centradas no aspecto lúdico, no lecer activo e na formación. Están pensadas para nenos e nenas de 1º e de 2º de primaria e tamén para nenos e nenas desde 3º de primaria ata os 14 anos”. O concelleiro de Mocidade sinalou que “en total tiñamos 70 prazas dispoñibles, pero debido a que a demanda destas actividades está a ser moi alta ampliaremos este número. Os pais e as nais que estean interesados en apuntar aos seus fillos e fillas poden pasar directamente pola Casa da Xuventude ou chamar ao seguinte número de teléfono 982 129 889”. O luns, 25 de marzo, de 11 a 13:30 horas haberá xogos co paracaídas e co balón xigante e tamén xogos populares para rapaces e rapazas de infantil, de 1º e 2º de primaria. No mesmo horario, pero para nenos de 8 a 14 anos haberá xogo de orientación e xincana de xogos populares. E pola tarde de 16 a 18:30 horas os/as nenos/as ata 14 anos participarán nun xogo de orientación pola vila, con mapas, realizando probas relacionadas co lugar en cada un dos puntos. O martes, 26 de marzo, de 11 a 13:30 horas os nenos e nenas de infantil (de 3 a 5 anos) disfrutarán de obradoiros e xogos. No mesmo horario os rapaces e rapazas a partir de seis anos “convivirán e pasarán un día moi agradable, pararemos a mediodía para xantar todos xuntos”, sinalan desde a OMIX.  Ese día haberá de 11 a 14:30 horas e de 16 a 18:30 horas: rocódromo, tiro con arco, safari paintball, obradoiros e deportes alternativos. Todas as actividades que haberá o 25 e o 26 de marzo celebraranse no CEIP Gregorio Sanz. Xavier Campos engadiu que “tamén teremos obradoiros de hip hop e a proxección da película O apóstolo e outra serie de actividades e de propostas que no seu conxunto fan que a oferta para os máis pequenos sexa interesante e atractiva, como todos os anos”. E animou “aos pais e nais interesados a poñerse en contacto coa Casa da Xuventude para obter máis información e poder apuntar aos pequenos”. O obradoiro de hip hop, free dance está destinado a nenos e nenas a partir de 6 anos. E terá lugar o 27 de marzo, mércores, en horario de 11:30 a 13:30 horas para nenos e nenas de 6 a 10 anos. E de 12:30 a 13.30 horas para rapaces a partires de 10 anos. Esta actividade será no pavillón municipal. E no auditorio municipal Hernán Naval o mércores, 27 de marzo, ás 17:30 horas será a proxección da película de animación O Apóstolo, recomendada para nenos e nenas maiores de 7 anos. Para maiores de 18 anos A Casa da Xuventude acollerá tamén dous monográficos para maiores de 18 anos, educadores e educadoras, en xeral, que poidan aplicar os coñecementos e a experiencia na súa actividade diaria. O 25 de marzo de 9 a 14 horas e de 16 a 21 horas terá lugar o monográfico de Grandes xogos e veladas. E o 26 de marzo no mesmo horario será tempo para os Títeres de Goma Espuma.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2