• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Burela-Foz |

Ramón Blanco puso en marcha varios servicios en la Mariña

El subdelegado del gobierno ha participado en la constitución de la Mesa de Atención a Victimas de Violencia de Género, grupo de trabajo que permitirá coordinar mejor las respuestas ante posibles casos de violencia sobre la mujer y aprovechó para analizar los datos de delincuencia en Burela. Posteriormente visitó en Foz los locales de Costas que el MAGRAMA cede al ayuntamiento para destinarlos a usos sociales

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 26 may 2017

A Xunta Local de Seguridade do Concello de Burela aprobou esta a constitución da Mesa de Coordinación para a Mellora da Atención a Vítimas de Violencia de Xénero no municipio, na que participan representantes da Unidade contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno, así como das forzas de seguridade, a xustiza, os servizos sociais e sanitarios do municipio e orientadores dos centros de ensino. O obxectivo principal deste grupo de traballo é favorecer a coordinación das respostas ante posibles casos de violencia de xénero na zona, así como fomentar accións de prevención. Os representantes dos diferentes ámbitos profesionais representados na mesa colaborarán ademais na análise da incidencia da violencia de xénero en Burela, na fixación de pautas a seguir cando se detecta un caso e no desenvolvemento de accións de prevención e sensibilización, entre outros asuntos. Burela pasa a engrosar a lista de concellos lucenses que contan xa con Mesas de Coordinación para a Mellora da Atención a Vítimas de Violencia de Xénero. Trátase de Guitiriz, Lugo, Palas de Rei, Chantada, Monforte, Vilalba, Ribadeo e Sarria. Na xuntanza desta mañá, e que copresidiron o subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, e o alcalde de Burela, José González Barcia, formalizouse tamén a adhesión da Policía Local ao protocolo de colaboración e coordinación entre as forzas de seguridade para a protección das vítimas de violencia de xénero. No encontro tamén estiveron a xefa da Unidade contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno, Ana Belén Pacio; e representantes da Garda Civil, a Unidade de Tráfico, Policía Nacional, Policía Autonómica e Policía Local. SEGURIDADE CIDADÁ A Xunta Local de Burela aproveitou tamén para analizar os datos relativos á delincuencia no municipio durante o ano 2012, un período no que se rexistrou un repunte no número denuncias relacionadas con delitos sobre o patrimonio con respecto ao 2011. Con todo, os asistentes á reunión salientaron a estreita colaboración entre as diferentes forzas de seguridade con competencias no municipio e que se traduce nunha mellora da coordinación e efectividade, polo que subliñaron a importancia de manter esta aposta. O traballo das forzas de seguridade permitiu esclarecer case a metade dos delitos cometidos en Burela o ano pasado, unha cifra que acada o 100% no casos dos delitos contra as persoas. Ademais, os axentes da Garda Civil do posto burelés detiveron en 2012 a 53 persoas pola súa implicación en feitos constitutivos de delito. ALCALDE DE BURELA O rexedor burelés, José María González Barcia, sinalou que “si unha xunta local de seguridade ten a súa importancia porque en todas elas se tenta mellorar a coordinación e colaboración entre as forzas e corpos de seguridade do Estado e a Policía Local  e tamén entre as administracións, na de hoxe é aínda máis importante esa colaboración porque se trasladou ao ámbito da violencia de xénero e sobre todo a aumentar a protección das víctimas desta lacra”. González Barcia recoñeceu o traballo realizado pola concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, e polas persoas que desde a Subdelegación do Goberno en Lugo traballan na violencia de xénero. A mesa de coordinación de Burela poráse en marcha en breve, segundo anunciaba hoxe o alcalde. O rexedor burelés destacou “a colaboración existente entre a Garda Civil e o Subsector de Tráfico coa Policía Local, relación que foi recoñecida esta mañá polos presentes e que actúa no caso dos accidentes de tráfico que se producen no casco urbano de Burela, resolvéndose de xeito correcto, e tamén nas noites de fin de semana”. José Mª González Barcia dixo que “todos recoñeceron a excepcionalidade dos incidentes ocorridos hai uns días en Burela e comprometémonos todos a traballar en mellorar aínda máis esa coordinación entre a Garda Civil, o Subsector de Tráfico e a Policía Local”. O alcalde de Burela tivo palabras de agradecemento para a Policía Local “por ese espíritu de colaboración e tamén á Garda Civil e ao Subsector de Tráfico pola súa predisposición para que esas relacións sexan boas e redunden na busca do obxectivo de mellorar a seguridade dos cidadáns”. CESIÓN DE LOCAIS DE COSTAS EN FOZ Trala celebración da Xunta de Seguridade de Burela, o subdelegado do Goberno achegouse a Foz para visitar os locais do Servizo de Costas que o MAGRAMA vén de ceder ao Concello focense para destinalos a usos sociais sen ánimo de lucro. Trátase dunhas oficinas, ubicadas na rúa Álvaro Cunqueiro, que quedaran oficinas baleiras tralo traslado da subsede de Costas de Foz ao Centro de Interpretación da Mariña Lucense, no Paseo de Ribeira. A súa cesión permítelle ao Concello destinalas a sede do voluntariado municipal focense, o roupeiro  municipal e o banco de alimentos. A presente cesión de uso facilitada polo Ministerio outórgase por un período de catro anos, prorrogable por outros catro, e sen contraprestación económica algunha a cargo do Concello de Foz que, se ben, deberá asumir os gastos derivados da conservación, mantemento e utilización do inmoble.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar