• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Viveiro |

Policía Nacional y Local intensificarán las tareas de vigilancia en las citas festivas de agosto

El Subdelegado del Gobierno, Ramón Carballo, animó a fomentar entre los vecinos la  “cultura de la denuncia” para favorecer rápidas intervenciones policiales.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

O subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, e o alcalde de Viveiro, Melchor Roel Rivas, copresidiron la reunión ordinaria da Xunta Local de Seguridade do Concello de Viveiro, na que se abordou o dispositivo e as medidas de seguridade que se porán en marcha na vila durante os meses de verán, especialmente coincidindo cos eventos festivos multitudinarios que se celebran no mes de agosto. Así, e segundo acordaron os asistentes, este ano manterase a “plena colaboración” entre os efectivos da Policía Nacional, a Policía Local e Protección Civil para reforzar as “tarefas de vixianza preventiva” durante os meses de verán, sobre todo na zona dos areais e no entorno dos festexos que reúnen grandes aglomeracións de xente. É o caso do Resurrection Fest, ou as romarías de San Roque e do Naseiro, que se desenvolven en Viveiro no mes de agosto. O traballo conxunto dos corpos policiais permitirá mellorar a prevención de feitos delictivos máis propensos nas citas multitudinarias deste tipo así como facilitar unha atención e resposta máis rápida e eficaz acorde ás necesidades dos asistentes e do conxunto dos veciños de municipio. Delincuencia e esclarecemento Os integrantes da xunta de seguridade fixeron tamén unha análise global da situación delincuencial en Viveiro e explicaron que, atendendo aos datos de denuncias nos cinco primeiros meses deste ano, os delitos rexistraron un aumento con respecto ao mesmo período do ano anterior, aínda que esa tendencia semella estarse freando tendo en conta os resultados dos últimos meses. O subdelegado do Goberno agradeceu o “bo traballo” que están a desenvolver as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado en cooperación coa Policía Local, e apostou por “seguir nesa liña de traballo e colaboración” para evitar a comisión de posibles delitos e para o seu esclarecemento, “que é tamén algo fundamental”. Neste sentido, e segundo se puxo de manifesto na reunión, as forzas de seguridade resolveron preto do 80% dos feitos delictivos que se denunciaron na comisaría de Viveiro entre xaneiro e maio. Destacaron, por exemplo, a detención de dúas persoas por unha decena de roubos en igrexas da zona e a desarticulación de diversos puntos de venta de sustancias estupefacientes nos últimos meses. Colaboración veciñal Ramón Carballo aproveitou tamén a xuntanza para animar ao alcalde de Viveiro, Melchor Roel Rivas, a fomentar entre veciños, comerciantes e hostaleiros a “cultura da denuncia”, de xeito que tomen certas medidas de autoprotección e informen “á policía de calquera actitude sospeitosa ou da presenza de persoas ou vehículos estranos en entornos pouco habituais”, xa que isto contribúe á axilidade nas intervencións policiais. Ademais do subdelegado e do alcalde de Viveiro, na xunta de hoxe participaron tamén representantes da Policía Nacional, a Policía Autonómica e a Policía Local, entre outros.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo