• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Lourenzá | En el mes de agosto estará cerrado

El PAI amplia horario y los niños podrán comer en el centro

El Punto de Atención a la Infancia “Meniños” amplia su horario a partir del 1 de febrero, funcionando de 8 a 20 horas, ininterrumpidamente; según ha anunciado la concejal de educación, Lupe Florez. En el próximo pleno de la corporación laurentina plantearán el cambio del reglamento del PAI para que los niños puedan comer en el centro.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

O punto de atención á infancia (PAI) Meniños, de Lourenzá, ampliará o seu horario de funcionamento a partir do 1 de febreiro e estará aberto de oito da mañá a oito da tarde ininterrompidamente. Este servizo está orientado ao coidado asistencial e educativo de nenos/as a partir dos 3 meses de idade, nunhas instalacións especificamente adaptadas para os primeiros anos da infancia. A concelleira de Educación e Cultura, Lupe Flórez, anunciou que “vimos de articular unha serie de cambios no punto de atención á infancia consistente o primeiro deles en ampliar o horario de apertura. Ata o momento permanecía aberto de oito da mañá a unha e media da tarde e de dúas e media a oito. Dende o 1 de febreiro teremos horario continuado sen peche a mediodía, de oito da mañá a oito da tarde, de luns a venres excepto os festivos. Desta maneira queremos fomentar a conciliación da vida familiar e laboral, sobre todo nestes temos de crise nos que as familias teñen que adaptarse para o coidado dos seus fillos e compaxinalo cos seus horarios laborais. Lupe Flórez tamén explicou que o centro seguirá pechando no mes de agosto “para dedicalo ás vacacións do persoal así como á completa hixienización e limpeza das instalacións e do mobiliario”. Ademais no vindeiro pleno ordinario da corporación municipal de Lourenzá, que se vai celebrar o terceiro venres de febreiro, tratarase unha proposta da Alcaldía “referente á posibilidade de cambiar o regulamento de réxime interno do centro, porque ata o momento non contempla a posibilidade de que os alumnos reciban a comida de mediodía no mesmo; a día de hoxe almorzan e merendan e comen os nenos que só inxiren alimentos triturados, pero os que xa comen alimentos normais de adultos non teñen a posibilidade de recibir esa alimentación no centro actualmente. Por iso vamos incluír na orde do día do próximo pleno unha proposta para cambiar ese regulamento de réxime interno, que a partir do momento en que sexa aprobado poidamos contar con ese novo servizo, que contribúa tamén a facilitar a vida das familias e dos usuarios do noso punto de atención á infancia”, comentou a concelleira de Educación. Polo tanto, aquelas familias que o desexen terán a posibilidade de que o seu fillo/a reciba a alimentación (almorzo, xantar e/ou merenda) no PAI, xa que as educadoras do centro contan coa debida autorización de manipulación de alimentos. No caso da comida do xantar deberá se enviada diariamente pola familia nun recipiente axeitado para ser quentado no forno microondas e identificado co nome e apelidos do alumno/a. Os interesados poden obter máis información ou consultar as súas dúbidas a través do teléfono do centro (982.12.20.25) ou visitando as propias instalacións, que están situadas na Avenida de Soutelo, nos baixos do edificio da Casa da Xuventude.    

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar
Directo TRECE Al Mediodía

TRECE Al Mediodía

Con Marco Chiazza y Lucía Crespo

Ver TRECE