• Martes, 16 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Opinión | "Corruptos, drogadictos e políticos" por Beni Mántaras

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

A min cos corruptos pásame como cos  drogadictos: non teño moi claro a quen hai que incluír nesas definicións. Porque hai moitos tipos de corrupcións igual que hai moitas clases de drogas, algunhas delas legais e incluso ben vistas pola sociedade. Moita xente cando fala de corrupción refírese exclusivamente á que cometen algúns políticos, pero esquécese de que desa mala conduta tamén son protagonistas algunhas veces funcionarios, empresarios, médicos, avogados, traballadores autónomos, empregados por conta allea, xubilados, desempregados e outros cidadáns. Para min os políticos non son un colectivo diferente a calquera outro: hainos bos, regulares e malos. Pola miña profesión nos últimos 26 anos tiven a sorte ou a desgraza (depende dos casos e das circunstancias) de relacionarme con moitos políticos e creo que a maioría son xente honrada, polo menos tanto como as persoas que pertencen a outros colectivos. É certo que algúns deles teñen un status e uns ingresos que nunca lograrían se non estivesen na política, pero aínda que chamen moito a atención son unha minoría. Sen embargo hai moitos, sobre todo no ámbito dos municipios pequenos (os responsables das executivas locais dos partidos e case todos os concelleiros), que non sacan ningún beneficio económico dese labor e incluso lles supón perder diñeiro polos gastos que pagan do seu peto. Coñezo a varios da Mariña que están nesa situación. Con isto non quero dicir que debemos apiadarnos deles pois están aí porque queren, pero si creo que o seu papel debe ser recoñecido, igual que penso que ten que ser valorado o labor dos que traballan para os demais noutros ámbitos, como asociacións veciñais, clubs deportivos, comisións de festas e outros colectivos sen ánimo de lucro. Por iso ese comentario, que cada vez se escoita máis, de que os políticos son todos corruptos e que están aí para beneficiarse dos seus cargos non me parece xusto, como tampouco me parece ben que se acuse a todos os que traballan en agrupacións como as comisións de festas de estar nelas para lucrarse, aínda que poida haber algúns que o fagan.  Beni Mántaras

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar
Directo TRECE Al Mediodía

TRECE Al Mediodía

Con Marco Chiazza y Lucía Crespo

Ver TRECE