• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mariña |

El nuevo producto turístico "Turismo Mariñeiro" busca promocionar la Mariña lucense

La delegada teerritorial de la Xunta, Raquel Arias, participo en la presentación de esta nueva iniciativa de la Xunta de Galicia, de la que destacó su caracter integrador de numerosas experiencias relacionadas con los sectores productivos de la costa lucense Este nuevo producto permite a los visitantes acercarse a las labores de las rederas o la construcción naval, al tiempo que disfrutan de las playas y la gastronomía local

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, destacou a incorporación dun novo produto turístico, o Turismo mariñeiro, que ven a sumarse a ampla oferta de experiencias turísticas a través das que a Xunta de Galicia promociona a Mariña lucense como xeodestino. Na presentación deste produto, Arias destacou o seu “carácter innovador e integrador de numerosas experiencias”, xa que permite disfrutar das praias e a gastronomía local, pero achegándose ao mesmo tempo aos oficios relacionados co mar, como o labor das redeiras ou a construción de barcos. A delegada indicou que “para alcanzar a excelencia no turismo é preciso innovar, como neste caso, introducindo no mercado novos produtos e servizos”. Paralelamente, engadiu, “deben desenvolverse novas formas de venda, e nesta liña traballa Turismo de Galicia, deseñando paquetes temáticos baseados en xeodestinos, isto é, ofrecendo ao turista experiencias únicas en espazos singulares da nosa comunidade”. Neste produto, colabora tamén a Consellería do Medio Rural e do Mar, xunto co Grupo de Acción Costeira A Mariña-Ortegal. Ao respecto, explicou que o Turismo Mariñeiro “é un dos des produtos cabeceira de marca elaborados a partir dos recursos existentes en Galicia”. Polo que respecta á Mariña, incidiu, “figura tamén dentro do produto Faros e praias salvaxes, sen esquecer a promoción do Camiño do Norte ou dos espazos naturais que están dentro do produto Bosques de Galicia na Mariña”. Igualmente, destaca a aposta polas rutas da artesanía, en colaboración coa Mancomunidade de Municipios da Mariña. Arias lembrou que o turismo xera unha actividade económica en Galicia que ascende a 6.138 millóns de euros, o que representa o 10,6% do noso produto interior bruto. “É un peso importante –aseverou- pero dende a Xunta de Galicia cremos que aínda queda moito potencial por explorar  e por iso continuamos traballando, xunto cos axentes implicados e as demais administracións, para aumentar a nosa presenza no mercado turístico nacional e internacional”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar
Directo Ecclesia al día

Ecclesia al día

Con Álvaro de Juana

Ver TRECE