• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Burela |

Nueve puntos para el pleno del jueves en Burela, ocho son administrativos

El Grupo Socialista, ante el orden del día del pleno con nueve puntos de los cuales ocho son de caracter administrativo, manifiestan que esto “demuestra el poco interés del equipo de gobierno en llevar a pleno temas que sena beneficiosos para el conjunto de los vecinos de Burela”

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

Segundo os socialistas, o señor alcalde tampouco perdeu a oportunidade de amosar  o seu desprezo aos veciños de Burela e aos partidos políticos que integran a oposición ao romper coa tradición e impoñer, ditatorialmente sen dar ningún tipo de explicacións, o horario do pleno ás once da mañá, cando o horario normal de celebración é as vinte horas. Para este pleno o grupo socialista leva dúas mocións. Unha a favor da adopción de medidas para favorecer o funcionamento das entidades, sen ánimo de lucro, que se dedican a actividades deportivas, culturais, recreativas, etc. do noso concello. Para lograr esta proposta propoñemos os seguintes acordos: 1.- Modificar o capítulo 4 de transferencias correntes para crear unha asignación económica específica para subvencionar as distintas asociacións que exercen a súa actividade no concello de Burela. 2.- Outorgar as subvencións solicitadas de acordo ao programa de actividades de cada asociación e seguindo o procedemento establecido na correspondente ordenanza. A segunda moción é a favor do rexeitamento ao novo modelo de prezos públicos que a Xunta quere aplicar nos comedores escolares, e faise a seguinte proposta: 1.- O pleno do Concello de Burela manifesta o total rexeitamento ao repagamento do servizo de comedor que pretende establecer a Xunta para o vindeiro curso, por ser un ataque intolerable á Escola Pública e un machadazo ás familias. Pola súa banda o grupo municipal do PP auto aplicase  unha moción relativa ao Hospital da Costa e a área sanitaria de A Mariña. Nesta moción o grupo socialista fará a proposta de que a Comarca da Mariña sexa   Área Sanitaria de Xestión Integrada con plena autonomía, avalada pola maioría dos veciños da comarca (contrastada por numerosas firmas), Plataforma Sanitaria e Xunta de Persoal do Hospital da Costa. Tamén se apoiará a ampliación do Hospital, conservación e melloras de servizos e da sanidade pública.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo