• Jueves, 18 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

MARIÑA | Con el lema "Galego. A chave do mundo" se celebrará el jueves 16 de mayo el Correlingua 2013 en Mondoñedo

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 26 may 2017

Partirá, ás 11 da mañá do día 16 deste mes de maio, da Avda Bos Aires, para logo facer un percorrido polo casco histórico. O festival final terá lugar na Praza da Catedral. Nel actuarán alumnos e alumnas dos centros, o actor Pepe Penabade e a cantante Lidia Botana, unha das gañadoras do concurso Cantalingua. Participarán algo máis de 1000 alumnas e alumnos de practicamente todos os centros de secundaria: os IES de Ribadeo, IES de Foz, Alfoz-Valadouro, Perdouro, Monte Castelo, Illa de Sarón e María Sarmiento. Tamén participan os de infantil e primaria: CEIP de Cervo, o Colexio Martínez Otero, o CEIP San Miguel de Reinante, o CEIP O Cantel, o CEIP Fondo Nois, E, por suposto, os centros do concello anfitrión, o CEIP Álvaro Cunqueiro e o IES San Rosendo. O Concello de Mondoñedo, ademais de colaborar para que todas as actividades discorran á perfección, editou unha guía especial para a ocasión, co percorrido da marcha e a sinalización dos lugares emblemáticos que van ser vistos ao paso da mesma.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar