• Martes, 16 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

MARIÑA | CCOO y UGT convocan, para el domingo a las 12:00 horas, manifestaciones en todas las villas para luchar por el empleo y contra la corrupción

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

A deterioración da situación económica, política e social, vai en aumento ata alcanzar niveis insoportables para a maioría da cidadanía. Ningún goberno en tan curto espazo de tempo conseguiu reunir tantas e tan dispares voces en contra das súas políticas (empregados públicos, desempregados, xubilados e pensionistas, mozos e mozas, educación, sanidade, dependencia, xuíces, avogados, fiscais, desafiuzamentos e reforma laboral). Sendo dous os elementos que expresan mellor que ningún outro a gravidade da situación pola que hoxe atravesamos nesta comarca, as cifras de desemprego —5.957 persoas con dramas persoais- en marzo do 2009 cando o goberno do PP chega a Xunta había 4010 desempregados e desempregadas, supón 1947 persoas máis un 48,55 %, e en febreiro do 2012 data da Reforma Labora do goberno de Mariano Rajoi había 5474 persoas desempregadas unha diferencia na actualidade de 483 persoas— e os novos casos de corrupción aireados nos últimos tempos que chegan ao máis alto das institucións do estado e do propio partido do goberno e a gran maioria dos alcaldes da nosa comarca preocupados pola súa diminución de salario. Por todo iso, as unións comarcais de CCOO e UGT xunto ao Cumio Social Estatal decidimos convocar para o vindeiro domingo día 10 de marzo, ás 12:00 h., e dentro da campaña de mobilizacións promovidas pola Confederación Europea de Sindicatos, manifestacións en todas as vilas, sendo a loita polo emprego e contra a corrupción os eixos centrais destas manifestacións. Con estas mobilizacións quérese dar continuidade á estratexia de mobilización sostida e conseguir unha participación nelas  de traballadores traballadoras e da cidadanía. Por iso, dende as unións comarcais de CCOO da UGT estamos a traballar con outras organizacións sindicais e sociais para que a convocatoria destas manifestacións sexa o máis unitaria posible, de xeito que poidamos acadar o éxito das mobilizacións ao longo do pasado ano.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar
Directo Ecclesia al día

Ecclesia al día

Con Álvaro de Juana

Ver TRECE