• Miércoles, 24 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Cervo |

Los socialistas piden agilidad a Villares después de ser el Gobierno de Zapatero quien bloqueó durante tres anos la cesión de la Casa del Mar

Hace tres años el pleno de la corporación cervense aprobó por unanimidad solicitar a la Tesorería General la cesión de las instalaciones de la Casa del Mar, desde aquella, Alfonso Villares dijo estar trabajando en el tema pero no se ven logros. La edil de educación, Pilar Armada, aseguró que la petición de cesión comenzó a moverse y a avanzar con el cambio de responsables en el Gobierno Central Los socialistas exigen una disulpa del PP porque fueton culpados de “manejar una mano negra” que co n el tiempo se demuestra que las trabas llegan independientemente del color político de los gobernantes.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 26 may 2017

Os socialistas de Cervo esíxenlle ó goberno local que axilice os trámites para a adaptación dos locais da Casa do Mar co fin de reubicar aquí o Punto de Atención Infantil pois, “levan tres anos dicindo que están realizando as xestións oportunas pero non vemos ningún resultado”.

Dende o Grupo Municipal Socialista lembran que “xa no ano 2010 aprobamos por unanimidade nun pleno de Cervo solicitar á Tesourería Xeral da Seguridade Social a cesión dos locais da Casa do Mar. Dende un principio houbo problemas, independentemente da cor política dos diferentes gobernantes, pero o caso é que se nos acusou de manexar unha man negra para que isto non saíse adiante. Primeira incoherencia, pois nós mesmos votaramos a favor da moción”.

Pasadas as eleccións municipais e xerais do 2011, o alcalde, Alfonso Villares, mantivo unha reunión co novo director da Tesourería Xeral e fartos de esperas, en xaneiro deste mesmo ano “volvemos a preguntarlle cales foran as últimas xestións sobre o asunto, a disculpa segue sendo a mesma”.

Por un lado, os socialistas piden “que o PP de Cervo se disculpe con nós xa que se falou de man negra cando evidentemente o tempo demostrou que nós non tiñamos nada que ver neste tema. Pasaron polos diferentes gobernos políticos de moitas cores e seguimos na mesma situación”.

Pretenden deixar “ben claro que o interese do GMS é o mesmo que tivemos sempre, que estes locais poidan dar un servizo ós veciños de Cervo. Cal mellor que reubicar aquí o PAI, actualmente está nun lugar antigo e obsoleto, o cambio sería positivo pola seguridade dos seus usuarios, nenos de 0 a 3 anos”.

Por outra banda, os membros do PSOE subliñan que  “o 25 de xaneiro pedimos explicacións, o 5 de febreiro din que están a realizar as xestións oportunas e o 7 de febreiro vemos como a alcaldía pide ó rexistro da propiedade de Viveiro un certificado para coñecer a titularidade da parcela onde se atopa a Casa do Mar”.

Xa entrados no mes de abril, os socialistas din que “pasado un tempo prudencial, para que non se nos tache de oportunistas como adoita ser habitual, seguimos sen ver ningún fruto e aínda por riba, queda máis ca demostrado que este equipo de goberno só actúa cando o GMS lle pide contas da súa xestión”.

Case tres anos despois dende que solicitamos por unanimidade solucionar este asunto, seguimos igual, “nin a señora Pilar Armada nin a señora Yolanda Pedreira, que levantaron o falso testimonio dunha man negra, foron quen de facer posible que os nosos veciños se poidan beneficiar destes locais e continuemos sen darlle ningún uso ás instalacións da Casa do Mar”.

Respuesta del Gobierno de Cervo

A concelleira de Educación, Pilar Armada, considera “indecente” que o PSOE critique que aínda non se trasladase o PAI para a Casa do Mar “cando o Goberno de Zapatero mantivo bloqueada durante tres anos as nosas peticións de cedernos o edificio”. 

A responsable de Educación lembra que o Concello estivo dende o 2008  enviando escritos e poñéndose en contacto coa delegación en Lugo da Tesourería Xeral da Seguridade Social, baixo o Goberno socialista, para reclamar a cesión da Casa do Mar pero ”os nosos escritos nunca saíron dos despachos de Lugo e, polo tanto, nunca chegaron á central da TGSS en Madrid, onde teñen que resolver a nosa petición”.

Armada explica que foi despois do cambio de goberno e coa entrada do PP no Executivo central “cando descubrimos que as nosas peticións caían constantemente en saco roto”. Unha actitude “irresponsable e moi grave” xa que supón que “durante tres anos os intereses dos cervenses estiveron gardados nun caixón”. Unha paralización que “temos que agradecerlle en exclusiva ao Goberno socialista”.

A edil tamén explica que despois do cambio de goberno o novo director provincial do INSS e da Tesourería Xeral da Seguridade Social, Antonio Nores, visitara a Casa do Mar pouco despois de tomar posesión do seu cargo, no mes de xuño de 2012 http://ow.ly/jKm1g.  Unha visita na que se interesou pola situación e se comprometeu a axilizar a cesión, un trámite que “lle temos que agradecer encarecidamente porque supuxo un cambio radical”.

Deste xeito, a día de hoxe pasaron menos de 10 meses dende que o director provincial do INSS e da TGSS estivo en San Ciprián. Nese tempo, a petición do Concello chegou a Madrid, onde foi valorada e respondida. Así, no mes de xaneiro deste ano a administración cervense recibiu unha proposta de arrendamento na que a Tesourería Xeral da Seguridade Social permitía o uso da Casa do Mar a través do pagamento dun alugueiro anual. “Dende o Concello respondemos a esta proposta manifestando o noso desacordo e reclamando que se reconsiderase unha nova solución” manifesta Armada.

Polo tanto, para a edil “cando dicimos que estamos traballando e facendo as xestións oportunas, é que así o estamos facendo” tal e como consta nos documentos oficiais cruzados entre o Concello e a TGSS. Polo tanto, a edil remata pedíndolle aos socialistas “que tenten dicir a verdade, aínda que lles supoña un sobreesforzo”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2