• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mariña |

Los ayuntamientos mariñanos van a recibir en el mes de abril el primer pago del servicio de ayuda en el hogar para dependientes

La delegada territorial de la Xunta, Raquel Arias, ha hecho este anuncio en su visita a Lourenzá donde destacó que “la Xunta mantiene el compromiso adquirido de hacer los abonos con carácter trimestral” con lo que se adelanta en cinco meses el pago a los ayuntamientos con relación al 2012

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 26 may 2017

O investimento global no pasado exercicio supuxo un desembolso por parte do Executivo galego de máis de 1,85 millóns de euros na comarca da Mariña, que se utilizaron para dispensar máis de 200.000 horas de prestación. En total, a Consellería de Traballo e Benestar incrementou nos últimos dous anos nun 35% o investimento en axuda á dependencia nos concellos da Mariña. A transferencia de financiamento para cada concello calculase en base a unha aplicación informática posta en marcha co actual goberno da Xunta, a través da cal se coordinan os diferentes concellos e o departamento Autonómico e na que se rexistra a información en tempo real das persoas beneficiarias atendidas e as horas de atención prestadas. Arias destacou “os avances realizados” neste sentido pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Traballo e Benestar, que “nos dous últimos anos logrou que os concellos comecen a recibir este financiamento con cinco meses de adianto con relación ao que o facían con anterioridade”. Deste xeito, axúdase aos concellos na prestación deste servizo ao tempo que se colabora para aliviar a súa situación económica actual neste ámbito, seguindo coas propias demandas dos concellos. Con estas achegas, expuxo a delegada territorial, o departamento autonómico cumpre co primeiro pago dun servizo que no último exercicio permitiu a dispensación de máis de 930.000 horas de atención na provincia de Lugo. No conxunto da provincia, o investimento do pasado ano superou os 9,1 millóns de euros. Durante a visita ao centro de día de Lourenzá, Arias, que estivo acompañada pola alcaldesa da localidade, Emma Álvarez, revisou as instalacións deste centro que, segundo indicou, conta cunha oferta total de ata 30 prazas.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar