• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Elecciones 24M |

Las asociaciones trasladan al candidato del PSOE su descontento por la falta de transparencia, trabas y mala gestión del Gobierno Local

Según anunció el alcaldable, los encuentros continuarán durante las próximas semanas con el objetivo de “analizar la situación real del Ayuntamiento” En estas reuniones “escuchamos con atención todas las quejas e incorporaremos a nuestro programa acciones concretas para solucionar muchos de los problemas que nos comentaron” añadió Ramos.

El candidato socialita, Roberto Ramos, en la reunión con la Asociación Atalaia

El candidato socialita, Roberto Ramos, en la reunión con la Asociación Atalaia

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 10 abr 2017

O candidato socialista á alcaldía de Ribadeo -Roberto Ramos Piñeiro- e outros membros da lista, reuníronse cos responsables de diversas asociacións do municipio. Nestes encontros, que continuarán nos vindeiros días cos representantes doutros colectivos, recolleron numerosas queixas pola labor do goberno local, sobre todo, debido á falla de transparencia, as trabas á participación cidadá e a xestión desordenada dos recursos municipais. O alcaldable explicou que “realizamos diversas reunións con asociacións de varias parroquias e diferentes colectivos co fin de detectar as necesidades e inquedanzas dos cidadáns. Estes encontros continuarán durante as vindeiras semanas, previas ao inicio da campaña electoral”. Segundo Roberto Ramos “a idea é analizar a situación real do noso concello” e engadiu que “nos atopamos cun descontento xeneralizado sobre a xestión do equipo de goberno, sobre todo pola falta transparencia, as trabas á participación cidadá, a xestión desordenada dos recursos municipais, o desequilibrio de investimentos entre a vila e as parroquias, …” Programa aberto á cidadanía Por outra banda, “algúns representantes dos colectivos cos que nos reunimos propuxéronnos a substitución das multas dalgunhas sancións municipais por traballos sociais, o que incorporaremos ao noso programa”, explicou Roberto Ramos. O alcaldable do PSdeG-PSOE en Ribadeo engadiu: “Escoitamos con atención todas as queixas e incorporaremos ao noso programa accións concretas para solucionar moitos dos problemas que nos comentaron. Gobernar co pobo é o noso obxectivo, dende a proximidade e a humildade. Esa é e será a nosa fórmula”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar