• Viernes, 29 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mariña |

El Hospital da Costa el tercero con más tiempo de espera para primeras consultas

La Plataforma en Defensa de la Sanidad Pública, a la vista de los resultados oficiales de la Xunta en listas de espera, manifiestas “la falta de espacio y personal provocan el colapso en el centro hospitalario” situandose en Hospital da Costa a la cabeza de los hospitales públicos del SERGAS en cirugía y es donde más tiempo de espera hay para la primera consulta. La Plataforma denuncia el caso de un paciente de la Mariña que lleva tres meses esperando por tratamiento

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 27 may 2017

A Plataforma na Defensa da Sanidade pública analizou  os datos publicados pola Consellaría de Sanidade sobre as listas de agarda nos hospitais públicos galegos ate o 31 de marzo de 2013. O Hospital da Costa supera en 7,1 días a agarda media para cirurxía dos hospitais públicos  e en 5,8 en primeiras consultas, os servizos de uroloxía e traumatoloxía soportan os datos mais altos de agarda situándose tamén nos primeiros postos de todo o sistema público. Dende a plataforma suxírenlle ao  xerente do Hospital que coa constatación do colapso do hospital non chega, hai que actuar para corrixir as carencias. Dende a Plataforma fan pública a denuncia dun paciente afectado de osteoporose severa diagnosticada polos servizos de traumatoloxía que leva tres meses sen recibir o tratamento prescrito polos propios servizos de traumatoloxía cun importante deterioro da saúde que limita a súa mobilidade, engaden que o servizo de rehabilitación neste momento atende citas do mes de novembro. A falta de espazo e persoal provocan o colapso do Hospital da Costa que volve aumentar os tempos de agarda situándose á cabeza do sistema público Os datos oficiais de listas de agarda dos hospitais do Servizo Galego de Saúde volven situar ao Hospital da Costa nos postos mais altos do sistema superando a media dos hospitais públicos con 76,4 días por riba da media de 69,3 dos hospitais públicos en cirurxía e so superado polo CHUAC e CHUVI. O mesmo sucede coas primeiras consultas con 55,1 días de agarda, 5,8 mais da media de 49,3 do sistema. As listas de agarda en uroloxía e traumatoloxía son tamén das mais elevadas do sistema con cifras disparadas, concretan que os pacientes de traumatoloxía en Burela agardan 89,1 días só por debaixo do CHUAC da Coruña.  Dende a Plataforma responsabilizan á dirección do SERGAS dos recortes no gasto de persoal que no orzamento 2013 supuxeron unha rebaixa de 1,9 millóns de euros así como ao incumprimento reiterado dos compromisos de ampliación do presidente da Xunta e os dirixentes do Partido Popular na comarca, mais preocupados por seguir lanzando soflamas propagandísticas que por afrontar as necesidades sanitarias da comarca. Detrás das cifras oficiais están persoas que sofren o colapso dos servizos sanitarios públicos e poñen un caso concreto da situación en traumatoloxía. Dende a Plataforma poñen o exemplo dun paciente do servizo de traumatoloxía para facer unha denuncia da situación de colapso deste servizo e o de rehabilitación. Explican o caso dunha persoa que unha vez diagnosticada dunha osteoporose severa que leva tres meses agardando polo tratamento de rehabilitación prescrito, agravando o seu estado de saúde e limitando a súa mobilidade a pesar de terse dirixido aos servizos de atención ao paciente e á inspección médica sen que estes ofreceran ningunha solución ao seu caso, dáse a circunstancia de que o paciente xa recibiu cita para os servizos de traumatoloxía sen recibir o tratamento previo de rehabilitación prescrito polos mesmos servizos. Dende a Plataforma denuncian que este non é un caso único xa que os servizos de rehabilitación atenden neste momento citas do mes de novembro. O doente que se puxo en contacto coa plataforma para denunciar o seu caso, demanda unha atención que permita modificar os factores que aceleran a perda de masa ósea e tratamento para evitar as fracturas, que como no seu caso, teñen unha importante diminución de masa ósea. Igualmente sinalan que a inexistencia dun programa de atención individualizado fixado polo fisiatra e o inicio dunha programación de rehabilitación en tempo axeitado non se están cumprindo cando estes tratamentos son fundamentais para a recuperación do paciente. Neste sentido demandan maior coordinación entre o hospital e os centros de saúde que ofrecen servizos de rehabilitación e advirten que a degradación do sistema público favorece a sanidade privada á que o PP, coa súa xestión, protexe e impulsa.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar