• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Alfoz |

Un grupo de vecinos "Veciños Independentes de Alfoz" trabaja para presentar candidatura a las elecciones municipales

La intención de este grupo vecinal es formar una agrupación de electores para concurrir a los comicios electorales del 24 de mayo. Con la intención de dar a conocer esta nueva alternativa y de conseguir ideas para la base programática están manteniendo una serie de actividades.

Un grupo de vecinos Veciños Independentes de Alfoz trabaja para presentar candidatura a las elecciones municipales

Un grupo de vecinos "Veciños Independentes de Alfoz" trabaja para presentar candidatura a las elecciones municipales

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 10 abr 2017

1. Denominación e imaxe corporativa. A nova alternativa veciñal denominarase Veciños Independentes de Alfoz, e terá como imaxe o anagrama no que se combina a cor verde e branca da bandeira de Alfoz coa silueta da Torre do Castelo de Castro de Ouro 2. Comunicación Veciños Independentes de Alfoz pon á disposición dos veciños e veciñas de Alfoz a dirección de correo electrónico vialfoz@gmail.com coa intención de que nos expoñan as súas suxestións. Decídese así mesmo nomear a Xabier Pardiñas Suárez como portavoz da agrupación. 3. Reunións coa veciñanza. Coa intención de facer un programa participativo, onde tanto os veciños e veciñas de Alfoz, como os colectivos representen nos amosen as súas inquedanzas e nos transmitan as súas necesidades reais, Veciños Independentes de Alfoz realizará diferentes reunións ó longo dos meses de marzo e abril. A primeira reunión realizouse o pasado martes con membros da Xunta Directiva da ACIA de Alfoz. Nesta reunión mostrouse gran preocupación pola perda de poboación que está sufrindo Alfoz, feito que incide directamente no consumo e polo tanto no comercio. Nesta xuntanza falouse da necesidade de levar a cabo unha ordenación do territorio que dia lugar ó remate da Concentración Parcelaria e á posta en marcha dun Plan Xeral de Ordenación Municipal que lle permita ós veciños e veciñas de Alfoz asentar no seu concello non só as súas vivendas senón tamén os seus negocios, sendo tarefa irrenunciable a delimitación de solo industrial. Os membros da ACIA transmitiron a necesidade de mellorar a sinalización tanto dentro do Concello como nas vías principais de acceso a Alfoz. Tamén se expuxo a necesidade de potenciar as festas locais e o turismo, poñendo en valor tanto o enorme potencial paisaxístico do val como o patrimonio histórico-artístico existente, reclamando a apertura da torre do Castelo de Castro de Ouro para poder ser visitada ó longo de todo o ano. Desde Veciños Independentes de Alfoz considerase que se deben ter en conta estas propostas, comprometéndose, entre outras accións, a levar a cabo un Plan de Dinamización Turística para o concello de Alfoz 4. Homenaxe ás mulleres no Día Internacional Coa intención de facer unha homenaxe a todas as mulleres en xeral e, sobre todo, a todas as mulleres de Alfoz, a aquelas que nos deixaron e que traballaron por este concello, e as que están a loitar polo futuro do seu pobo onde queren poder seguir traballando, Veciños Independentes de Alfoz convoca una ofrenda floral que se levará a cabo o vindeiro domingo 8 de marzo ás 11:30 horas nas inmediacións do Castelo de Castro de Ouro, convidando a todos os veciños e veciñas a participar no acto.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar