• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Barreiros |

El GPP revela informes técnicos que alertan de inseguridad en carreteras de la Diputación

La portavoz del GPP, Elena Candia, y el alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, han registrado escritos en la administración provincial solicitando que se atendiese a los informes técnicos y se acometan con urgencia las actuaciones necesarias para restablecer el buen estado de las vías Los populares explican que en las vías se observan importantes deficiencias, consistentes sobre todo con la aparición de baches y desintegración del firme, que afecta a la seguridad y comodidad de los que transitan por ellas.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 10 abr 2017

Os populares explican que nas vías que discorren polo municipio de Barreiros se observan importantes deficiencias no estado de conservación, consistente sobre todo na aparición de baches, en ocasión de gran tamaño, e na desintegración do firme causado polo tráfico e condicións meteorolóxicas. Nas estradas provinciais do termo municipal de Barreiros tamén se observa, en algúns casos, a falta de limpeza de cunetas e noutros a inexistencia da mesma. Esta situación, segundo reiteran dende o GPP, afecta á seguridade e comodidade dos usuarios das vías, ata o punto que nunha das estradas, a LU-P-6103 que comunica Trabada por Fórnea a Barreiros, se sufriron ata 10 accidentes no último ano, en torno ao punto quilométrico 6,380 (entre outros sinistros, atópase o de unha señora que circulaba en moto, colleu unha desas fochancas e caeu. Foi trasladada en ambulancia ata o Hospital da Costa e ainda se está a recuperar). Solicitude Tanto o Concello como o Grupo Provincial do Partido Popular solicita á Deputación de Lugo a través de senllos escritos que se teña en conta o informe técnico no que se advirte das patoloxías importantes destas estradas e, en consecuencia, reclaman que a Deputación de Lugo acometa con urxencia as actuacións necesarias para restablecer o bo estado das estradas provinciais de Barreiros. En concreto, trátase das seguintes vías: CP 0601 de San Cosme de Barreiros á Ría de Foz; CP 0602 da CN 634 á praia Principal de Barreiros; CP 0603 de San Miguel de Reinante a Praia da Pasada; CP 0604 de Reinante a su Praia; CP 0605 da CN 634 a casa de Otero; CP 0606 da CN 634 ao lugar de Pedregás; CP 0607 de San Cosme de Barreiros a Praia de Fontela; CP 0608 de San Cosme de Barreiros ao Km. 5,7 da ctra. Villamar-Reme; CP 0609 da Ctra.Villamar a Reme a San Xusto de Cabarcos; CP 0610: enlaces praias Altar-Reinante; CP 0611 da CN 634 a Praia de Coto e CP 6103 de Trabada por Fórnea a Barreiros A mala xestión pode ter consecuencias graves para os usuarios Os populares explican que informes técnicos reafirman as reiteradas denuncias públicas do Grupo Provincial do Partido Popular sobre o mal estado das estradas de titularidade da Deputación e que dende o GPP achacan a unha mala xestión. Os populares explican que a dotación pública dirixida á conservación de estradas non se reflexa no estado que presentan as infraestruturas viarias. “Non se pode permitir que a mala xestión dos fondos públicos poda chegar a ter consecuencias negativas e graves sobre a integridade física dos usuarios” Os populares aseguran que as estradas provinciais que discorren por Barreiros son unha responsabilidade patrimonial da Deputación que non pode ser evadida e cando menos as institucións públicas deben non causarlles prexuízos innecesarios á cidadanía derivados das súas actuacións.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2