• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Burela |

González Barcia considera una excelente noticia para Burela la consignación de seis millones de euros para el acceso al puerto

Según el alcalde “esta cantidad será suficiente para la realización de la obra” y señalo que se trata de una excelente noticia para Burela y para la Mariña

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 09 may 2017

O rexedor explicou que “a Xunta, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, ven de consignar nos presupostos para o vindeiro ano 2015  un total de 6.120.000 euros para o acceso ao porto de Burela. Tendo en conta que no orzamento da Xunta de 2014 se consignaban aproximadamente 880.000 euros e tendo en conta que o importe total da obra era de 7.500.000 euros, pero a empresa adxudicataria presentou unha oferta por importe de 6.900.000 euros, podemos dicir con total convicción que a cantidade que se consigna para o ano 2015 por parte da Xunta: 6.120.000 euros será suficiente para poder levar a cabo a obra durante todo ese ano, sempre e cando as condicións meteorolóxicas o permitan”. Para o alcalde burelés: “isto é unha excelente noticia para Burela e para A Mariña porque o porto de Burela non soamente é un pulmón económico do noso concello, que tamén, senón que é un dos pulmóns económicos máis importantes que ten esta comarca”. Desde o equipo de goberno do Concello de Burela “estamos moi satisfeitos do compromiso con Burela, unha vez máis ratificado vía presupostos, da Xunta, do seu presidente, Alberto Núñez Feijoo, e de todo o seu goberno. Quero agradecerlle a Núñez Feijoo que cumpra con Burela, algo que eu sabía que así sería porque o presidente da Xunta é unha persoa de palabra”, dixo González Barcia. O alcalde engadiu que “si a isto lle sumamos o millón de euros que se presupostan o vindeiro ano para a ampliación do hospital da Costa, podemos ver que Burela sae moi ben tratada nos orzamentos da Xunta para 2015”. Precisamente o alcalde, o concelleiro de Obras, Manuel Fernández Valle, e técnicos do Concello e da empresa que acometerá as obras de acceso ao porto (Copasa) visitaron o pasado venres esa zona.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar