• Miércoles, 24 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Burela | Quedan 24 días para licitar el proyecto

Gonzalez Barcia califica de "firme" el compromiso del presidente de la Xunta con el Hospital da Costa

El alcalde de Burela, José María González Barcia, califica de firme el compromiso del presidente, Alberto Núñez Feijóo, con el Hospital da Costa e insiste en que el equipo de gobierno burelés y e PP defienden los intereses del conjunto de los vecinos de la comarca de la Mariña.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 26 may 2017

O rexedor sinalou que “si alguén me pide que saia defendendo o hospital da Costa salgo a defender a ese centro, aos usuarios dese centro e á ampliación do hospital. O que non salgo é a defender os intereses particulares de certas persoas,  como algún membro da plataforma que cobra da Deputación de Lugo, pero o seu posto de traballo está na sede comarcal do BNG en Foz”. González Barcia reiterou que “estou a favor da ampliación do hospital, estou a favor de que teña máis e mellores servizos e estou a favor de que o hospital teña a suficiente autonomía. Insisto: non estou disposto a aguantar e escoitar a persoas que no seu momento ocuparon cargos de responsabilidade con bos soldos no hospital da Costa durante a Xunta bipartita e daquela, que tamén era necesaria a ampliación deste centro, calaron a boca”. O alcalde de Burela lembrou que “asistín na miña época anterior de alcalde a unha xuntanza coa conselleira de Sanidade, Mª José Rubio, na que dixo que se esqueceran da ampliación do hospital e algunhas persoas que están agora a formar parte da dirección desa pretendida plataforma pola sanidade pública naquel momento estaban nese encontro e calaron a boca. Esas persoas teñen que dar cara e dicir qué intereses defenden, si son os dos liberados sindicais, etc”. O rexedor burelés subliñou que “nós desde o PP defendemos os intereses do conxunto dos veciños desta comarca e o paso dado por Alberto Núñez Feijoo é importante, porque si o presidente da Xunta na campaña electoral fixo o anuncio que fixo comprometéndose á ampliación do hospital da Costa nesta lexislatura, todo o mundo ten que entender que o primeiro paso é facer o proxecto de construción e iso foi o que anunciou o outro día aquí en Burela. E nese proxecto de construción aparecerá con detalle qué tipo de ampliación se vai levar a cabo, qué inversión se vai facer e o prazo de execución das obras”. José Mª González Barcia cre que “o compromiso é máis que firme. Agardo e confío que a maioría dos cidadáns que o outro día acudiron á concentración de boa fe stán satisfeitos co anuncio feito polo presidente da Xunta, porque Núñez Feijoo cumpre a diferenza doutros, exactamente igual que cando veu a Foz e dixo que o asunto do subministro enerxético a Alcoa estaba en vías de solución e cumpriu”. Día internacional das mulleres Nesta xornada o alcalde tamén se referiu ao día internacional das mulleres: “Quero felicitar á concelleira delegada de Servizos Sociais e de Igualdade, Diana Durán, co seu equipo e tamén felicitar a agradecerlles ás asociacións de mulleres a súa colaboración pola organización destes actos. Os que se van desenvolver en Burela o sábado, 9 de marzo, son moi sinxelos. Simplemente recolleremos as experiencias de catro mulleres que viven aquí en Burela e que no seu tempo estiveron no estranxeiro como emigrantes ou que son inmigrantes agora aquí, faremos unha pequena homenaxe a unha muller moi querida aquí en Burela que por desgraza nos deixou para sempre hai un mes e que foi unha mestra de grato recordo para moitas mulleres de Burela dona Carmen Iravedra e logo haberá un xantar, organizado polos propios colectivos de mulleres, para reivindicar o papel que a muller ten dentro do campo laboral e dentro do conxunto da sociedade e que ás veces non é suficientemente recoñecido”. Bolsa de emprego Sobre a bolsa de emprego do Concello José Mª González Barcia destacou a importante labor que está a realizar, “as xuntanzas que temos con parados o que fan é encauzar a esas persoas que están nunha situación crítica a encontrar unha solución ao seu problema. Penso que estamos actuando dunha forma máis que correcta, comprometidos co emprego e co desemprego, comprometidos coa formación e aí están ese case medio millón de euros aportado nos últimos meses pola Xunta de Galicia para estas políticas activas que estamos a desenvolver”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo