• Jueves, 18 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Foz | Inaugurarán el sábado 15 de junio la Plaza de Trégastel con el descubrimiento de una placa. En el acto participarán representantes de los dos ayuntamientos

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 27 may 2017

Foz inaugurará este sábado, día 15, ás doce do mediodía a Praza de Trégastel, dedicada a este municipio da Bretaña francesa que está irmandado co concello focense dende hai dez anos. No acto participarán representantes dos dous Concellos e actuará a Coral Polifónica de Foz. O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, anunciou hoxe que “unha delegación do pobo francés de Trégastel, encabezada polo seu alcalde e polos representantes do irmandamento estarán aquí con nós. Ademais tamén haberá representantes das asociacións culturais e o acto estará amenizado pola Coral Polifónica de Foz, que quere participar en agradecemento á hospitalidade que recibimos no pasado mes de setembro cando nos desprazamos alí”. “O que se vai facer é descubrir unha placa inserida nun monolito de granito rosa en homenaxe a aquela zona, que é coñecida como a terra do granito rosa pola existencia de grandes bolos dese material moi peculiares. E en homenaxe a iso fixemos como un monolito nacendo da terra para telos presentes, posto que hai unha relación excepcional con esta poboación. Hai uns lazos de unión moi interesantes que ademais nos obrigan incluso, de bo gusto evidentemente, a desprazarnos todo os anos: unha vez os veciños franceses e outra os de Foz. Hai un grande irmandamento entre as familias e unha moi boa amizade”, explicou o rexedor municipal focense. Castiñeira rematou comentando que “o pobo de Foz quere facer esa homenaxe nunha praza preciosa, moi bonita, na Congostra do Cura. Esperamos que asista a xente, que teñamos un bo día. Están invitados todos os veciños de Foz para homenaxear ao pobo de Trégastel”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar
Directo TRECE Al Mediodía

TRECE Al Mediodía

Con Marco Chiazza y Lucía Crespo

Ver TRECE