• Martes, 16 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

FOZ | El Colegio Martínez Otero celebrará el día 1de marzo la XII Fiesta de la Solidaridad bajo el lema "Non hai xustiza sin igualdade"

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

O vindeiro 1 de marzo, venres, entre as 13 e as 15 h, o Colexio Martínez Otero celebra a 12ª EDICIÓN DA FESTA DA SOLIDARIEDADE. Esta festa pretende sensibilizar á comunidade educativa (pais e nais, alumnado e profesorado) sobre o problema da fame no mundo e recadar fondos para colaborar con proxectos que Mans Unidas ten abertos en diversos países do terceiro mundo.             Desde o día 18 de febreiro estase levando a cabo unha campaña de sensibilización: Tódolos días, nos primeiros 5 a 10 minutos da mañá, lese por megafonía un pequeno texto sobre os Obxectivos do Milenio da ONU mencionados no encabezamento. Nas sesións de titoría lectiva  realízanse visionado e comentario de vídeos: El mundo en femenino (secundaria) El señor de los Mosquis (Triloxía) (infantil e primaria) La comunidad de los Mosquis Los Dos Tarros El retorno de la Ley Do 20 ao 27 de febreiro: venta de vales do “bocata solidario”. O día 1 de marzo celébrase, a modo de clausura desta campaña, A   XIIª FESTA DA SOLIDARIEDADE que consiste nas seguintes actividades que terán lugar entre as 13 e as 15 h. : 13 h a 13’40 h Preparación de todo o material necesario. 13,40 h.- Happening cooperativo a modo de bendición da “mesa” 13,50 h.- Reparto e consumición do “bocata solidario” que os membros da comunidade educativa que así o desexaron mercaron a razón de 3,5 €. 14,15 h..- Rifa solidaria: Cada bocadillo consumido da dereito a participar nunha rifa. Sortéanse uns 50 lotes de produtos doados por diferentes entidades. Ao longo de toda a mañá: Cubrir con moedas de 1, 2, 5, 10, 20 e 50 cts. a frase  “NON HAI XUSTIZA SEN IGUALDADE” Na organización de toda esta actividade colaboran, de xeito voluntario, 20 alumnos/as de ESO. Todo o recadado destinarase a colaborar con Mans Unidas en proxectos abertos no terceiro mundo.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar