• Sábado, 20 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Cervo |

FENOSA trendrá que pagar al Ayuntamieto 366.000 euros al perder un juicio

Un importe que la empresa electrica Unión FENOSA deberá abonar en concepto de pago de tasas por el paso de las líneas eléctricas en dominio público del ejercicio del 2008 junto a los intereses de demora El regidor cervense asegura ssque “el Ayuntamiento tenía el deber y la responsabilida de reclamar como dinero público que le corresponde a las arcas  municipales”

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

O Concello de Cervo vén de recibir unha sentenza ao seu favor na que se informa de que Unión Fenosa terá que pagarlle á administración local uns 366.000 euros, unha contía na que se inclúen 321.000 euros en concepto de liquidación da taxa polo paso das liñas eléctricas en dominio público correspondente ao ano 2008, e os intereses de demora por un valor de 45.000 euros. Ao mesmo tempo, a compañía terá que asumir as costas do xuízo que ascenden a 1.000 euros. Deste xeito, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dálle a razón ao Concello, e recoñece o seu dereito a percibir ese importe que a eléctrica se negaba a pagar. “Dende o Concello sempre tivemos claro que tiñamos que reclamar e defender os nosos dereitos como administración local” asegura o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, que lembrou que “por responsabilidade o Concello tiña que defender uns cartos que lle correspondían e que, polo tanto, son cartos públicos”. Así, para Villares “este fallo é moi importante, xa que recoñece os nosos dereitos como administración local e defende os intereses públicos tendo en conta que eses cartos entrarán nas arcas municipais e reportará un beneficio para  a tesourería”. Neste sentido o rexedor cervense quixo recoñecer o “excelente traballo desenvolvido polos empregados municipais dos departamentos de Secretaría, Intervención e a Oficina Técnica, que cos seus informes fixeron posible a defensa dos dereitos do Concello”. Antecendentes Todo comezou en xuño de 2009, cando a Xunta de Goberno Local aprobara a liquidación desa taxa, que debía pagar Unión Fenosa. Pero a compañía non estaba de acordo con esta decisión, que por outro lado estaba baseada nunha ordenanza fiscal municipal e no Texto Refundido da Lei de Facendas Locais. Así, Unión Fenosa quixo evitar o pagamento deste importe presentando un recurso de reposición contra o acordo da Xunta de Goberno. Un recurso que fora desestimado pola Xunta de Goberno, o que non impediu que a compañía iniciase unha pugna xudicial contra o Concello. Así, Unión Fenosa presentara un recurso no Xulgado do Contencioso-Administrativo nº1 de Lugo contra o acordo da Xunta de Goberno, que foi desestimado. Pero a compañía seguiu reclamando, nesta ocasión apelando a sentenza ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. De novo o Concello gañou o litixio a través dun fallo do que se tivo coñecemento nestes días. O alcalde explicou que “a compañía quixo levar ata o último extremo a súa negativa a aboarnos o que nos correspondía, recorrendo a todos os procedementos administrativos e xudiciais e esgotando todas as vías posibles para evitar o pagamento”. Uns litixios que “provocaron unha grande inquietude dentro do goberno local e do Concello xa que, aínda que eramos conscientes de estar defendendo unha causa lexítima, preocupábanos a fortaleza dos gabinetes xurídicos dunha multinacional coma esta”. Aínda así, “decidimos defender os intereses públicos dos nosos veciños”. “Sabiamos que tiñamos a razón do noso lado, e así o contemplaban tamén os informes técnicos elaborados polo persoal municipal, que fixo un grande traballo en beneficio de toda a veciñanza”, remata Villares.    

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar