• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Cervo |

El Estado cede el edificio de la Casa del Mar al ayuntamiento de forma permanente para su utilización pública

Está previsto que Alfonso Villares, alcalde de Cervo, firme el martes el acuerdo de cesión don el delegado de Economía y Hacienda de Lugo A partir de ese momento el ayuntamiento podrá utilizar los 1.164 metros cuadrados de superficie para instalar el PSI y ampliar y mejorar servicios.

El Estado cede el edificio de la Casa del Mar al ayuntamiento de forma permanente para su utilización pública

El Estado cede el edificio de la Casa del Mar al ayuntamiento de forma permanente para su utilización pública

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 10 abr 2017

O Goberno do Estado autorizou a cesión da Casa do Mar de San Ciprián ao Concello de Cervo. Desta maneira, o Concello pasa a dispoñer deste edificio, de 1.164 m2 de superficie útil, de forma que poderá darlle un uso público e utilizalo libremente para os fins previstos, entre eles o traslado do Punto de Atención á Infancia e a ampliación e mellora de servizos. A cesión farase efectiva a partir de mañá, cando o alcalde de Cervo asine o documento administrativo de cesión co delegado de Economía e Facenda de Lugo, Luis Fernando Jácome. Dende ese momento, o Concello disporá do edificio de pleno dereito, podendo realizar todo tipo de obras e reformas que sexan necesarias para adecuar as instalacións aos novos usos. Cabe destacar que o Concello levaba moitos anos reclamando a cesión do inmoble. Foi no 2008 cando o edificio quedou sen uso e o Concello iniciou os trámites coa Tesourería Xeral da Seguridade Social en Lugo.  Pero durante os anos do goberno socialista a solicitude non foi tramitada nin chegou a enviarse a Madrid, onde tiñan que resolver a cesión. Foi no 2012 cando se desbloqueou o expediente e se iniciou a súa tramitación. Un trámite complexo O proceso para que o Concello conseguise a cesión da Casa do Mar de forma gratuíta foi longo e complexo. Unha das principais dificultades atopábase en que o edificio forma parte do Patrimonio do Estado. Ademais, a Casa do Mar estaba afectada polo dominio público marítimo-terrestre, polo que foi imprescindible desafectar a parcela. Sen esquecer que foi necesario facer xestións con diferentes departamentos, como son a Dirección Xeral de Costas, a Tesourería Xeral da Seguridade Social e a Dirección Xeral de Patrimonio do Estado, que forman parte de tres ministerios diferentes. O alcalde de Cervo asegurou hoxe que “esta é unha moi boa noticia e ademais moi importante, xa que dispoñer da Casa do Mar abre novas posibilidades para ofrecer servizos públicos e mellorar os existentes”. Sen esquecer as melloras que traerá para o Punto de Atención á Infancia, que se instalará na Casa do Mar. O rexedor asegurou que as obras comezarán en poucos días. De feito, os pais e nais dos alumnos do PAI foron os primeiros en coñecer a noticia da cesión. O venres pasado o rexedor e membros do goberno reuníronse con eles para informalos, e aproveitaron tamén para darlles as grazas pola súa implicación, xa que participaron nas reivindicacións para axilizar os trámites. O alcalde tamén quixo destacar e agradecer a “importante colaboración” do voceiro do Grupo Parlamentario Popular no Senado, José Manuel Barreiro, “que foi clave para conseguir a ansiada cesión e que estivo moi involucrado durante todo o proceso”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar