• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Empresas | 3A Consultores cumple 15 años y lo celebrará a lo largo del 2014

Rosa Rivas y Antonio Dorrego

Rosa Rivas y Antonio Dorrego

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 09 may 2017

A empresa 3A 2020 Consultores SLP cumpre 15 anos e co obxectivo de facilitarlle as cousas aos seus clientes organiza diferentes accións ao longo deste 2014. 3A Consultores presentará en breve a súa nova páxina web, remodelará as súas instalacións no mes de agosto e celebrará unha xornada sobre A sucesión da empresa familiar, este xoves, 12 de xuño, ás 19 horas no hotel Nordés, en Burela. Antonio Dorrego, economista en 3A Consultores, explica que “con motivo do 15º aniversario de 3A 2020 Consultores Sociedad Limitada Profesional vamos acometer unha serie de actividades na empresa cun único obxectivo, que é facilitarlles a vida aos nosos clientes. Non podemos perder de vista que asesorar é axudarlle ao cliente sobre todo a despreocuparse en certos aspectos e a vivir tranquilo. O empresario ten que dedicarse a rendibilizar a súa empresa e todo aquilo que poida delegar, sobre todo nos seus asesores, debe ser delegado”. Dorrego contou que “unha desas actividades vai ser o redeseño da páxina web da empresa cunha innovación básica, que é que os clientes van ter acceso á documentación da que son titulares. Por exemplo van poder acceder aos seus impostos ou á documentación bancaria que previamente nos teñan transmitido por vía telemática. Van poder facelo con usuario e clave, por suposto, exclusivamente á súa documentación. Unha vez que a páxina estea en marcha seralles moi cómodo descargar documentación do noso servidor ou da nube”. Antonio Dorrego indicou que “no mes de agosto levaremos a cabo unha reforma das instalacións, co que vamos intentar que sexan máis acolledoras. Xa teñen certo tempo e necesitan unha renovación para darlles un aspecto máis dinámico, máis acolledor para que o cliente se sinta máis cómodo. Esperamos telas listas a finais de agosto, que é o mes de menos actividade para o despacho”. 3A Consultores tamén organizará unha serie de charlas, que se inauguran este xoves, día 12. “Pretendemos que teña continuidade e traer relatores de primeira categoría. Nesta primeira o tema principal vai ser a sucesión na empresa familiar dende unha dobre vertente: por unha parte a tributaria, pois queremos que o empresario poida cuantificar o que lle vai custar aos seus fillos herdar a empresa. Esta vai ser impartida por Antonio López Díaz, que é catedrático de Dereito Tributario da Universidade de Santiago de Compostela. E no mesmo acto haberá unha segunda charla, que estará máis centrada no entorno familiar, concretamente na prevención de conflitos na sucesión da empresa. Tratará do protocolo familiar, que é un documento interno que elabora o entorno familiar da empresa e que pretende servirlles de guía aos membros da unidade familiar para ir preparando a sucesión e para ver quen vai gobernar a empresa unha vez que o patriarca xa non estea. O que se pretende en definitiva é que a empresa non desapareza máis alá da primeira xeración. Esta segunda parte vai ser impartida por Luis Granda, que é socio director da empresa coruñesa Accint Estudio de Planificación, probablemente a única de España que está especializada no protocolo familiar”, engadiu Antonio Dorrego. No futuro 3A 2020 Consultores SLP ten previsto organizar outras charlas nas que se abordarán cuestións de máxima actualidade.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar
Directo Ecclesia al día

Ecclesia al día

Con Álvaro de Juana

Ver TRECE