• Sábado, 20 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mariña |

Emigrantes Retornados se van a movilizar en Santiago para reclamar la modificación de la ley 35/2013

Unos 17 colectivos comarcales, junto con el colectivo “Long Hope”, que agrupa a trabajadores del mar embarcados en buques de bandera de Noruega cuyo estado, con el silencio cómplice del estado español, no reconoce los años cotizados en el país nórdico.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 10 abr 2017

A manifestación sairá ás 11:30 da Praza do Obradoiro para rematar diante do Parlamento Galego ao tempo que se celebra o debate sobre o estado da comunidade. Aquelas persoas que teñan interese en asistir poden coller o bus ás 8:30 diante do concello de Foz, ás 8:45 na estación de bus de Burela e ás 9:00 na de Viveiro. O colectivo mariñao denuncia que a pesar do triunfo logrado tras dous anos de mobilizacións para que Facenda devolva os intereses e xuros reclamados inxustamente, “non todas as persoas afectadas cobraron esas devolucións tres meses e medio despois de rematar o período impositivo, e de obrigarnos a solicitalas ao negarnos a devolución de oficio unha vez recoñecido polo propio Ministerio de Facenda o asalto inxusto aos nosos aforros”. As Plataformas de Emigrantes Retornados seguimos reclamando a modificación da Lei 35/2013 nos aspectos que afectan ao trato inxusto que recibimos despois de anos de traballo fora da nosa terra: por vernos obrigadas e obrigados a emigrar e agora percibir mais dunha pensión, na maioría dos casos pequenas, temos que declarar e pagar a partir dos 11.200 euros de ingresos anuais mentres aqueles pensionistas que non emigraron non presentan declaración ate chegar ao tope dos 22.000 euros anuais. “Primeiro tratáronnos como delincuentes, despois dunha forte presión nas rúas aceptaron devolvernos os xuros e intereses cobrados inxustamente, pero seguen asaltando os nosos aforros ao negarse a equiparar o pago do IRPF independentemente de si temos un ou varios pagadores, o mesmo que fan coas persoas en activo que por desgraza non teñen un trabalo estábel”, afirmaron. As Plataformas de Emigrantes Retornados xunto co colectivo “Long Hope” que traballaron en Noruega presentaremos escritos dirixidos aos Presidente do Goberno Galego e aos grupos con representación na cámara, unha proposta de resolución para a súa votación “reclamando o apoio do Parlamento Galego á vista do desleixo e a falta de apoio do goberno do Estado que segue mirando cara outro lado, saqueando as nosas pensións e impedindo o cambio da lei para facela mais xusta e poñer fin a esta penosa situación que está amargando a nosa vellez”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Mañana Fin de Semana

Con Antonio Herraiz

Reproducir
Directo La Mañana Fin de Semana

La Mañana Fin de Semana

Con Antonio Herraiz

Escuchar