• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Ribadeo |

El DOG publica la aprobación definitiva del PXOM de Ribadeo

El Plan General que marcará el desarrollo urbanístico de Ribadeo protege el paisaje y potencia el turismo, influye en una superficie de 103,32 Km2 y una población de 9.994 habitantes, para los próximos 18 años El alcalde, Fernando Suárez, asegura que “estamos delante de los últimos flecos administrativos para que el documento cobre vigencia y validez”

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 27 abr 2017

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Ribadeo. No caso de Ribadeo, trátase dun planeamento que marcará a ordenación deste concello, cunha superficie de 103,32 km2 e unha poboación de case 10.000 habitantes, durante os próximos 18 anos. Este plan xeral é a ferramenta urbanística que permitirá preservar os valores paisaxísticos, xa que as zonas verdes representan case un 19% máis do que se esixe por lei, ao tempo que potencia as capacidades turísticas. Ribadeo é un municipio de carácter turístico, entre outros atractivos, pola singularidade da súa paisaxe, polo que o PXOM pretende promover a preservación dos valores culturais e paisaxísticos sen que deixe de ser compatible coa actividade económica. O planeamento tamén contempla a mellora das comunicacións das áreas urbanas e destas cos municipios veciños. O plan considera unha rede viaria estruturante para este concello, situado no ámbito territorial da dinamización económica que supón a Autovía do Cantábrico. O documento potencia os espazos libres e as zonas verdes, xa que é un municipio moi deficitario neste eido, de feito, o PXOM destina a estes espazos un 18,75% máis que o que esixe a Lei. Solo rústico O solo rústico é un piar fundamental desta planeamento, posto que representa o 92,62% da superficie, motivo polo que a protección dos valores ambientais, paisaxísticos, culturais e produtivos é un punto estratéxico do plan. O PXOM contempla a necesidade dun Plan Especial para protexer o contorno da Praia das Catedrais –a redactar polo Concello-, para regular o acceso e as zonas para aparcar. Así, resérvase unha zona de aparcadoiro entre o ferrocarril e a estrada de Barreiros á Devesa. Das dúas zonas que actualmente se utilizan de aparcadoiro, a que contempla o PXOM é a que está regulada e urbanizada, a certa distancia da praia. O plan xeral tamén conserva e pon en valor os asentamentos rurais mediante o recoñecemento de 126 núcleos rurais, todos existentes, e que son segregados do urbano e coa seguinte distribución parroquial: Arante, Cedofeita, Couxela, Covelas, A Devesa, Ove, Piñeira, Ribadeo, Rinlo, Santalla de Vilausende, Vilaframil  e Vilaselán. O PXOM, tendo en conta 2 núcleos urbanos (Rinlo e Ribadeo) cun notable crecemento demográfico, pretende colmatar e densificar os núcleos máis desenvoltos, evitando o crecemento desordenado, e dotar a estas localidades de zonas verdes e equipamento.   O rexedor, Fernando Suárez, dixo que “no día de hoxe, luns, tal e coma estaba previsto, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ven de publicar no Diario Oficial de Galicia a orde pola cal aproba de maneira definitiva o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ribadeo. Con este trámite de agora, podemos dicir que remata precisamente coa tramitación administrativa do PXOM de Ribadeo, da súa redacción e da súa aprobación. Con este trámite remátase de maneira definitiva, e agora estamos a recibir nestas semanas, a ver se pode ser, un documento dilixenciado por parte da Xunta de Galicia para que o Concello faga o seguinte paso, que xa sería o último e consistiría en publicar a normativa e as ordenanzas no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. A partir de aí sería cando xa cobraría vixencia o novo plan”. Suárez Barcia considera que “estamos xa nos últimos flocos, nos últimos pasos de índole puramente administrativa para que este plan, que se aprobou fai apenas unhas semanas, cobre vixencia e validez. E sexamos, como non,  un dos poucos concellos do país que teñamos un plan adaptado á normativa vixente, adaptado á vixente Lei do Solo e que contribúa a seguir modernizando o Ribadeo de todos, o Ribadeo que queremos tanto na vila coma nas parroquias.”

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar