• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Riotorto |

Contratan cinco profesionales para la brigada contraincendios con una subvención de la Xunta

El portavoz del grupo popular, Clemente Iglesias, agradece el apoyo del Gobierno Galelgo en la prevención y lucha contra el fuego, con una aportación de 27.184 euros. El PP espera que la selección se haga con total trasparencia, utilizando criterios objetivos y priorizando la contratación de personas desempleadas y del municipio

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 09 may 2017

Logo de ser coñecedores de que a Xunta de Galicia destina a Riotorto máis de 27.000 euros para subvencionar accións para prever e loitar contra os lumes, o presidente dos populares neste concello manifestou que gracias á axuda do Goberno Galego, cinco profesionais serán contratados para as brigadas contraincendios do municipio. Clemente Iglesias agradeceu o apoio da Consellería de Medio Rural e Mar nun tema tan importante e sensible como é a prevención e loita contra os incendios e destacou que estes dispositivos están constituídos por profesionais de emerxencia inmediata para desenvolver diversas funcións, entre as que se atopan, o control da propagación dos lumes e evitar a maior virulencia dos danos. Con respecto á selección do persoal, o popular agarda que a selección dos traballadores se faga “con total transparencia, utilizando criterios obxectivos e priorizando a contratación de persoas desempregadas e do noso municipio”. En canto ás funcións propias de vixilancia e loita contra os incendios,Clemente Iglesias resaltou que estas brigadas poderán participar no dispositivo de extinción do distrito forestal que lle atinxe e concluíu lembrando que serán estas unidades as encargadas de levar a cabo a primeira intervención na maior parte dos lumes.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar