• Martes, 16 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Ribadeo |

La concejalía de servicios sociales pone en marcha el programa de "bancos de libros de texto" que en este 2013 llega también a la educación secundaria

La concejal delegada, Teresa González, anima a los padres y alumnos a donar los libros que no van a utilizar “porque siempre hay que darles  una nueva vida”. La campaña, que se desarrollará en dos fases, se inicia el 21 de junio.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 26 may 2017

Todas aquelas persoas interesadas en participar nesta iniciativa poden deixar os libros dos seus fillos/as desde o 21 de xuño ao 5 de xullo no CEIP Gregorio Sanz e no CPR Sagrado Corazón. E as persoas que desexen beneficiarse deste programa poderán solicitar os libros no departamento de Servizos Sociais do 5 ao 19 de xullo, segundo daba a coñecer no día de hoxe a concelleira Teresa González Piñeiroa. A edil nacionalista lembrou que “o Concello de Ribadeo, a través da Concellaría de Saúde e Servizos Sociais, o ano pasado puxo en marcha o programa de bancos de libros de texto. Esta iniciativa xurdía cunha intención de continuación no tempo e coa idea de que paulatinamente se fora ampliando este fondo de libros. O factor primordial que potenciou esta iniciativa foi a situación económica. Nin que dicir ten os tempos nos que vivimos, nos que a crise económica afecta considerablemente ás familias. Pero primaban tamén outros tres factores, como a solidariedade, fomentando entre a poboación máis nova sobre todo a importancia de doar de maneira altruísta material que xa non se precisa. Outro factor tamén importante é o respecto ao medio reutilizando os libros. E evidentemente outro factor non menos importante é o uso correcto dos memos, intentando na medida do posible non escribir neles nin rompelos e darlle un uso adecuado”. González Piñeiroa dixo que “o ano pasado esta iniciativa fíxose unicamente na educación primaria, porque como era algo novo non sabiamos aínda moi ben como podería funcionar. E este ano imos traballar tamén con secundaria. Polo tanto a recollida de libros vaise facer tamén entre o alumnado do CEIP Gregorio Sanz e no colexio Sagrado Corazón. Vanse recoller libros de texto de Primaria e Secundaria. No IES de Ribadeo non se vai levar adiantes esta campaña porque dentro do instituto xa puxeron en marcha eles un programa interno”. Desde o Concello de Ribadeo “puxémonos en contacto coas direccións dos centros e segundo a información que temos nós todos os manuais empregados durante este curso 2012-2013 van estar vixentes para o curso que vén. Polo tanto todos os libros de texto que se empregaron este ano recóllense e serán reutilizados o próximo ano”, sinalou a concelleira de Sanidade e Servizos Sociais. Teresa González explicou que “esta campaña que iniciamos agora para o curso que vén vaise desenvolver en dúas fases. Unha primeira que empeza o 21 de xuño, cando xa remata o curso e o alumnado que aprobou xa non precisa os libros para setembro, falo de Secundaria, e remataría o 5 de xullo, período no que esas persoas que xa non os precisan poderían entregar os libros que se atopen en bo estado; e logo despois o persoal de Servizos Sociais vainos seleccionando e reparando as posibles eivas que poderían ter. E do 5 ao 19 de xullo as persoas interesadas en beneficiarse desta iniciativa poden presentar a solicitude para a obtención e uso dos libros de texto dispoñibles, evidentemente co compromiso de devolución no mesmo estado no que se recibiron”.  Os trámites poderanse facer no auditorio municipal, que é onde está a sede dos Servizos Sociais do Concello de Ribadeo, en horario de 9 a 14 horas. A adxudicación dos libros de texto realizarase conforme a un baremo no que primarán os factores económicos e sociais. A edil do BNG indicou que “pretenderase na medida do posible que todas as persoas doadoras que tamén precisan se vexan beneficiadas dalgunha maneira deste préstamo. Evidentemente intentarase axustar un pouco a oferta e a demanda dos fondos que teñamos para adxudicalos o mellor posible, pero sempre tendo en conta os factores económicos e sociais”. Á concelleira de Servizos Sociais gustaríalle que “todas aquelas persoas que teñan material que xa non van usar que o doen, porque sempre hai que darlle unha nova vida aos libros”.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo