• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Burela |

La comisión ejecutiva socialista va a exigir la "máxima transparencia" del gobierno municipal

El secretario general, Ramiro Fernández, y el secretario de política municipal, Pedro Chao, explicaron en rueda de prensa lo sucedido en la junta de gobierno objeto de sus declaraciones contra el concejal de grupo de gobierno, Manuel Fernández Valle. Según los socialistas no podía votar en esa junta de gobierno por ser parte beneficiada de la obra a realizar. El concejal del PP ha presentado una denuncia en el juzgado contra los dos miembros de la ejecutiva socialista.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 27 may 2017

Ramón Fernández y Pedro Chao hacen las siguientes puntualizaciones sobre el tema en cuestión: 1º- O día 27 de novembro de 2012 en Xunta de Goberno o Sr Fernández Valle, concelleiro de obras do Concello de Burela, propón e vota a obra do POS (Plan de Obras e Servizos) da Deputación Provincial de Lugo a obra "Pavimentación da rúa dos Cotos a Ril" cun orzamento de 22.705,88 euros, obra que se aproba por unanimidade de todos os membros presentes entre os que estaba o Sr Fernández Valle, afectando esta obra a unha licenza de obra do Sr. Fernández Valle. 2º.- Á vistas destes feitos e despois dunha reunión de Executiva, a Executiva transmite ó Grupo Municipal a necesidade de impugnar dito acordo ó entender que o Sr. Fernández Valle non pode propor nin votar dita obra ó ser beneficiario desta obra. Con data 22 de xaneiro de 2012 o Portavoz municipal do PSdG-PSOE presenta o escrito de impugnación no Concello con número de rexistro 489 e acto seguido a Executiva saca unha nota de prensa para poñer en coñecemento dos veciños dita situación pedindo unha explicación e a dimisión do Sr Valle. 3º.- Visto o informe de Secretaría con data 6 de febreiro de 2013 onde se pode constatar que o Sr. Fernández Valle ten interese persoal neste asunto e esta é unha causa de incompatibilidade segundo o artigo 76 da lei 7/1985 e constatando dito informe que o Sr Fernández Valle está incurso en causa de abstención e polo tanto non debería ter participado na aprobación de dita obra, a Comisión Executiva saca unha nota de prensa con fecha 9 de marzo pedindo unha vez máis unha explicación a esta situación. Explicados estes feitos temos que dicir: 1º.- O pasado día 15 de marzo e segundo aparece en diferentes medios de comunicación unha "suposta" denuncia que o Sr Fernández Valle ou do Equipo de Goberno Municipal, a día de hoxe non sabemos quen nos demandou e si nos demandou ó non ter coñecemento oficial de dita denuncia. 2º.- Seguimos reclamando que o Sr Fernández Valle explique ós veciños o uso indebido do seu cargo, é a vista dos feitos a súa dimisión inmediata. 3º.- Non podemos entender como o Sr Fernández Valle na primeira obra sustancial que pode xestionar vaia beneficiar directamente á unha vivenda súa. O que demostra os criterios deste equipo de desgoberno no manexo dos fondos públicos.¿Non haberá en Burela necesidade de inversión dos cartos públicos en ningunha zoa que non afecte directamente a ningún representante do Partido Popular con responsabilidade de goberno?. 4º.- Entendemos que o Partido Popular de Burela non está acostumado a que a oposición fiscalice a labor do goberno, pero teñen que darse conta que iso cambiou, e dende o PSdG-PSOE non imos deixar que nos tenten calar a boca nas denuncias das irregularidades que se cometan dende os representantes do Partido Popular no Concello de Burela. 5º.- Non entendemos que sexa preciso para presentar unha demanda contra dous cidadáns, si é que é verdade que está presentada, que se presente todo os representantes do Partido Popular no Concello de Burela vaian perder a mañá a Viveiro tendo en conta que tres deles cobran cartos públicos das súas dedicacións exclusivas no Concello. Esperamos que se desconte das súas nóminas este tempo que perderon o venres día 15. 6º.- O PSdG-PSOE de Burela vai a esixirlle ós representantes do Partido Popular no Concello de Burela a máxima transparencia e imos a seguir denunciando calquera práctica que non vexamos ética e transparente polo ben dos veciños de Burela. Non imos a consentir cortinas de fume que escondan a nefasta xestión que se está a facer por parte dos membros do Partido Popular no Concello de Burela e esconda en circos e feiras a súa deixadez de funcións, como está sendo no asunto do Hospital da Costa onde unha vez máis os representantes do Partido Popular dánlle a espalda a todos os veciños de Burela.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar