• Miércoles, 24 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Cervo | Ya se pueden solicitar las autoriozaciones para las hogueras de San Juan

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 27 may 2017

A Concellería de Seguridade Cidadá, que dirixe José Ramón Soto, informa de que a veciñanza xa pode solicitar permiso para as fogueiras de San Xoán na noite do 23 ao 24 de xuño. Para iso deberán cubrir o modelo de solicitude do que dispoñen na Casa do Concello de Cervo ou na Casa da Cultura de San Ciprián, indicando o nome do solicitante, é dicir, da persoa que se fará responsable desa cacharela e que debe ser maior de idade, un teléfono de contacto e o lugar da fogueira o más exacto posible. Un trámite que é necesario facer, segundo explica Soto, xa que “permite ter un control de todos os puntos nos que se realizarán fogueiras na noite de San Xoán co obxectivo final de velar pola seguridade da cidadanía e poder dar unha atención máis eficaz en caso dalgún incidente”. Tamén co fin de evitar riscos, o Concello fai públicas unha serie de recomendacións que se deben seguir estritamente por precaución e seguridade. Así, as luminarias deben facerse sempre a máis de 15 metros de distancia de vehículos e fachadas e nunca debaixo de liñas eléctricas. Nunca se deberán utilizar sustancias inflamables para prender o lume nin tampouco se poden botar papeis ou tecidos con pouco peso, xa que o aire pode levantalos e facer que inicien un lume incontrolado noutro punto. Tampouco se deben botar pneumáticos, plásticos e outros elementos altamente contaminantes. E por suposto, é moi importante asegurarse unha vez rematada a festa de que o lume está completamente apagado. Seguridade Cidadá tamén lembra que ante calquera incidente hai que chamar ao 112, o teléfono de emerxencias.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar