• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

CERVO | La edil de empleo lamenta que la oposición utilice los datos del taller de empleo según so conveniencia

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 26 may 2017

A responsable da Concellería de Emprego, Yolanda Pedreira, asegurou hoxe que o grupo municipal socialista “non ten respecto pola veracidade e polos datos reais” en referencia as críticas realizadas ao obradoiro de emprego. Pedreira asegura que “aos socialistas todo lles vale para atacar ao goberno, incluso dar información errónea e mentir”. A concelleira volveu aportar os datos que xa se fixeron públicos no seu día sobre o obradoiro de emprego de Cervo, Alfoz e O Valadouro, “visto que non se lembran ou non queren lembrarse”. Un datos que “nada teñen que ver cos que achegaron os socialistas”. Un obradoiro no que se están formando un total de 27 parados distribuídos en catro módulos, tres deles de xardinería e un de atención sociosanitaria. En canto ao equipo técnico, está composto en total por seis persoas, incluíndo o director e o administrativo, comúns para os tres concellos, así como os 4 monitores. No caso de Cervo, son 13 os desempregados que se forman e 2 monitores que os guían “e teñen que ser dous porque un deles é para o módulo de xardinería e outro para o de atención sociosanitaria”. Pedreira quixo facer público o agradecemento do Concello de Cervo á Xunta de Galicia “pola súa boa disposición a poñer en marcha estas políticas activas de emprego que buscan achegar formación e experiencia laboral aos desempregados” e lembra que na etapa do Goberno bipartito na Xunta “os obradoiros de emprego brillaron pola súa ausencia”. Pedreira lamenta que os socialistas “non valoren este tipo de iniciativas que resultan moi proveitosas para os parados”.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar