• Jueves, 18 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

CERVO | La delegada territorial de la Xunta reivindicó el papel de los mayores como parte actida de la sociedad actual de empleo "de esfuerzo e ilusión"

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, reivindicou en Cervo o papel das persoas maiores como parte activa da sociedade actual e exemplo a seguir, “porque viviron tempos malos, peores que os de agora, e co seu traballo, esforzo, sacrificio e ilusión lograron saír adiante”. Na Festa dos Maiores de Cervo, Arias quixo “poñer en valor o capital social que achegan as persoas maiores á nosa sociedade, pois non só construíron o Estado do Benestar no que vivimos, senón que realizan unha importante contribución para o seu mantemento en facetas tan diversas como o apoio á familia, o traballo voluntario ou a trasmisión do seu saber ás novas xeracións”. A delegada expresou a súa satisfacción por participar na festa dos maiores “como persoa que se criou con avós e bisavós”, agradecida por “ter aprendido deles valores como o respecto, a familia, a convivencia e o diálogo”, pero tamén “como representante do Goberno galego, orgullosa de pertencer a un equipo que traballa todos os días para conseguir o mellor para Galicia e os galegos”. Ao respecto, lembrou que o esforzo da Xunta situou a Galicia como “a primeira comunidade en termos porcentuais e a segunda en termos absolutos que máis incrementou as axudas á dependencia”. Igualmente, engadiu, “temos creado neste anos preto de 500 prazas en residencias e centros de día e continuaremos aumentando estas dotacións”. Nesta liña, apuntou que “os orzamentos deste ano destinan case 8 de cada 10 euros á área social”. Ademais, explicou Arias, “traballamos non só para estender os servizos sociais, senón tamén para promover o envellecemento activo e previr a dependencia”. Este é un dos piares do Plan Galego de Maiores, que  vertebra a actuación da Xunta na materia, “unha estratexia consensuada coas principais entidades e asociación do sector, da que se benefician 120.000 galegos cada ano”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar