• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Cervo | Curso de maquillaje creativo dirigido a jóvenes de 16 a 33 años

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 27 abr 2017

O Concello de Cervo organiza un curso de maquillaxe creativa gratuíto e dirixido principalmente a mozos e mozas de 16 a 33 anos. Aínda así, tamén poden participar persoas doutras idades, e nese caso deben contactar coa oficina da Omix para consultar os detalles. A inscrición pode facerse ata o 30 de xaneiro na Casa do Mar. Esta actividade desenvolverase o día 21 de febreiro na Casa do Mar, en horario intensivo de 10 a 14 horas e será impartido por “Belén te pinta”, unha profesional con moitos anos de experiencia en face&body painting (maquillaxe artística de cara e corpo), con diversos recoñecementos internacionais e que recibiu formación por parte de campións do mundo de arte corporal. Todos os participantes do curso recibirán un diploma no que a profesora certifica a súa asistencia En canto aos contidos, inclúen as técnicas de maquillaxe infantil á auga, como utilizar os pinceis, aplicar unha base, o difuminado e farán un exercicio práctico de maquillaxe por parellas. Os deseños das maquillaxes serán de fantasía, como os que se adoitan facer en festas de aniversario, de disfraces ou temáticas (Entroido, Halloween, Nadal…).  A edil de Xuventude, Yolanda Pedreira, asegura que esta é unha actividade “novidosa, na que os asistentes poderán plasmar a súa creatividade e a súa imaxinación e ao mesmo tempo iniciarse nesta disciplina da maquillaxe profesional”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo