• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

CERVO | La Concejalía de Juventud convoca un concurso de declaraciones de amor a través de Twitter por el Día de los Enamorados, no podrán exceder de 140 caracteres.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 26 may 2017

A Concellería de Xuventude convoca o I Certame de cartas e poesías de amor na rede con motivo da celebración do Día dos Namorados o próximo 14 de febreiro. En concreto, trátase dun concurso no que se elixirá a mellor declaración de amor pensada para ser enviada pola rede social Twitter e que, polo tanto, terá como peculiaridade que non poderá superar os 140 caracteres. Deste xeito, as frases ou poemas de temática amorosa deberán ser breves e orixinais, condensando o contido da mensaxe en poucas palabras. A edil de Xuventude explicou que este certame “busca conxugar a tradición das cartas de amor coas novas formas de comunicarse que utiliza a sociedade, como é o caso das redes sociais”. Yolanda Pedreira asegura que neste caso, para a primeira edición deste certame “eliximos Twitter xa que esta aplicación obriga a resumir e concentrar a mensaxe, que pode resultar moi directa, orixinal e creativa”. En canto ás bases, establecen que os traballos deberán presentarse en folio tamaño DIN-A4 acompañado dunha folla cos datos persoais do autor. O prazo está aberto ata o 14 de febreiro e a entrega deberá facerse na Casa do Concello ou na Cultura de San Ciprián. Á hora de elixir os traballos gañadores estableceranse dúas categorías, de 14 a 17 anos, e de 18 anos en diante, establecéndose un premio por categoría.  Será no mes de marzo cando se coñecerán os nomes dos gañadores, que ademais verán publicados os seus tuits nas redes sociais do Concello.      

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar